Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 110 Mércores, 11 de xuño de 2014 Páx. 26416

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ANUNCIO do 27 de maio de 2014, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se emprazan os interesados para seren notificados por comparecencia no expediente IN635A 2013/225-2 e dous máis.

De conformidade co disposto no artigo 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, logo de intentada notificación persoal dúas veces no último domicilio coñecido, e non sendo posible a súa práctica, emprázanse ás persoas que se sinalan no anexo para seren notificadas por comparecencia.

O acto foi adoptado polo xefe territorial.

A comparecencia deberá efectuarse nas dependencias da Xefatura Territorial da Consellería de Economía e Industria de Lugo, rolda da Muralla, número 70, baixo 2º, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, no prazo de dez días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento.

Lugo, 27 de maio de 2014

José Manuel Vázquez Leirado
Xefe territorial de Lugo

ANEXO

Expediente: IN635A 2013/225-2.

Interesada: Constante y Ovidio, S.L.

Último domicilio coñecido: rúa Azalea, 3, Lugo.

Acto notificado: trámite de audiencia.

Expediente: IN635A 2014/2-2.

Interesada: Aspectos Internos, S.L.

Último domicilio coñecido: Piago Negro, Sante, Trabada, Lugo.

Acto notificado: trámite de audiencia.

Expediente: IN635A 2014/132-2.

Interesado: Antonio Moroño Costas.

Último domicilio coñecido: rúa Galicia, 25 baixo, Lugo.

Acto notificado: trámite de audiencia.