Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 110 Mércores, 11 de xuño de 2014 Páx. 26415

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

EDICTO do 26 de maio de 2014, da Xefatura Territorial de Ourense, polo que se notifica a incoación do expediente sancionador OU-DR 3/2014.

Notifícaselle a José Ramón Masid Blanco, de conformidade co establecido no artigo 59.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (RCL 1992/2512), tras intentar infrutuosamente a notificación ao interesado no seu último enderezo coñecido radicado en Ferroño 17, Moreiras, Toén (Ourense), a incoación do expediente sancionador OU-DR 3/2014, por non cumprir todos os requisitos exixidos no Real decreto 560/2010, artigo sétimo, modificación do Real decreto 842/2002, do 2 de agosto, polo que se aproba o Regulamento electrotécnico para baixa tensión, para o desenvolvemento da súa actividade como instalador de baixa tensión-especialista.

O interesado dispón dun prazo de quince (15) días hábiles para presentar alegacións e propor e/ou achegar proba; no caso contrario, o oficio da proposta adquirirá o carácter de resolución. Poderá consultar o expediente na xefatura territorial, sita na rúa Curros Enríquez nº 1-5º andar, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Ourense, 26 de maio de 2014

Alfonso T. Paz Doniz
Xefe territorial de Ourense