Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 110 Mércores, 11 de xuño de 2014 Páx. 26413

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 19 de maio de 2014, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa previa dunha instalación eléctrica no concello de Zas (expediente IN407A 2014/61).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro (BOE nº 310), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa previa da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avenida de Arteixo,171, 15007 A Coruña.

Denominación: adecuación CT Eléctrica de Zas (Reventa Pose).

Situación: concello de Zas.

Características técnicas:

Liña de media tensión soterrada, a novo CT Eléctrica de Zas, a 20 kV, cunha lonxitude de 0,011 km, con orixe no empalme que se vai realizar na LMTS CBA-810, en tramo de alimentación ao CT Eléctrica de Zas (Reventa Pose) que se vai retirar (expediente 51.262), en condutor RHZ1-2OL 12/20 KV-3(1×240 Al), e final no novo CT Eléctrica de Zas (proxectado).

Centro de transformación prefabricado, cunha potencia de 250 kVA e unha relación de transformación de 20.000/400-230 V.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, sita na rúa Vicente Ferrer, 2, 2º andar, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir do día seguinte ao da última publicación da presente resolución.

A Coruña, 19 de maio de 2014

Por vacante (Artigo 30.3 do Decreto 110/2013; DOG nº 140, do 24 de xullo)
Isidoro Martínez Arca
Xefe do Servizo de Administración Industrial