Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 110 Mércores, 11 de xuño de 2014 Páx. 26411

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 12 de maio de 2014, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución dunha instalación eléctrica no concello de Outeiro de Rei (expediente IN407A 2014/5-2, 8142 AT).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución das instalacións eléctricas que a seguir se cita:

Solicitante: Concello de Outeiro de Rei.

Domicilio Social: praza do Concello, 1, 27150 Outeiro de Rei, Lugo.

Denominación: LMT, CT y RBT en Maceda e Ferreira.

Situación: concello de Outeiro de Rei.

Características técnicas:

– LMTS a 20 kV con orixe nun apoio proxectado tipo C-2000/14 instalado na LMT a Nete, derivación a CT Edrao e final no CT Maceda (proxectado), cunha lonxitude de 10 metros en condutor tipo RHZ1-150.

– CT Maceda prefabricado tipo PFU-4, cunha potencia proxectada de 630 kVA, unha potencia inicial de 400 kVA, no cal se instalan dúas celas de liña e unha de protección, relación de transformación 20.000/400-230 V.

– RBTA (circuíto 1) con orixe no CT proxectado Maceda en condutor tipo RZ-150 e RZ-240, cunha lonxitude de 205 metros tensados sobre apoios de formigón.

– RBTA (circuíto 2), con orixe no CT proxectado Maceda en condutor tipo RZ-95 e RV-240, cunha lonxitude de 1.380 metros tensados sobre apoios de formigón.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 24/2013, do 26 de decembro, e no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta xefatura territorial resolve:

Autorizar e aprobar o proxecto de execución das devanditas instalacións, cuxas características se axustaran en todas as súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente, independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras das instalacións autorizadas.

Contra esta resolución poderase interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución; tamén se poderá interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.

Lugo, 12 de maio de 2014

José Manuel Vázquez Leirado
Xefe territorial de Lugo