Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 110 Mércores, 11 de xuño de 2014 Páx. 26425

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

RESOLUCIÓN do 5 de xuño de 2014 pola que se anuncia a licitación, polo procedemento aberto con varios criterios de valoración e trámite ordinario, para a adxudicación do contrato administrativo suxeito a regulación harmonizada do servizo de explotación, conservación e mantemento da presa de Baiona e dos seus equipamentos e instalacións. Contratación documentalmente simplificada (clave OH.136.1087).

1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención da información:

a) Organismo: Augas de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: contratación.

c) Obtención de documentación e información:

1) Dependencia: Augas de Galicia.

2) Enderezo: Doutor Maceira, nº 18, baixo.

3) Localidade e código postal: Santiago de Compostela (A Coruña), 15706.

4) Teléfonos: 981 95 74 01 e 981 95 74 27.

5) Fax: 981 95 74 03 e 881 99 96 94.

6) Correo electrónico: contratacion.epaugasdegalicia@xunta.es

7) Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/consultaOrganismo.jsp?N=216

Tamén se terá acceso ao perfil do contratante desde a Plataforma de contratos públicos de Galicia a través de http://www.xunta.es e desde a Plataforma de contratación del sector público https://contrataciondelestado.es por medio de enlaces de interese ás plataformas de contratación das comunidades autónomas e na páxina web: http://www.augasdegalicia.xunta.es

8) Data límite de obtención de documentación e información: coincide coa data límite de presentación de ofertas.

d) Número de expediente: OH.136.1087.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: contrato administrativo de servizo.

b) Descrición: explotación, conservación e mantemento da presa de Baiona e dos seus equipamentos e instalacións. Baiona (Pontevedra).

c) Lugar de execución: Baiona (Pontevedra).

d) Prazo de execución: vinte e catro (24) meses.

e) Admisión de prórroga: si, posibilidade de prórroga contractual ata un máximo de vinte e catro (24) meses.

f) CPV (referencia de nomenclatura): 50532000-3.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria da licitación.

b) Procedemento: aberto con varios criterios de valoración e suxeito a regulación harmonizada.

c) Criterios de adxudicación: a pluralidade dos criterios de valoración enuméranse e detállanse coas súas puntuacións e ponderacións no prego de cláusulas administrativas particulares e no perfil do contratante.

4. Valor estimado do contrato: 239.904,00 euros. Inclúe os orzamentos de licitación e das eventuais prórrogas contractuais previstas.

5. Orzamento base de licitación: importe neto: 119.952,00 euros. Importe total: 145.141,92 euros.

6. Garantías exixidas. Provisoria: non se exixe. Definitiva (%): 5 % do orzamento base de licitación, IVE excluído.

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación: (grupo, subgrupo e categoría): non procede.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: acreditarase a solvencia polos medios establecidos nos artigos 75.1.a) e c) e 78.a) do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público nos termos que se expresan no prego administrativo.

c) Outros requisitos específicos: o licitador deberá manifestar, mediante declaración responsable asinada, o compromiso de adscribir á execución do contrato os medios que se relacionan coas súas condicións e requisitos no anexo ao cadro de características do contrato.

8. Presentación de ofertas ou de solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: 1 de agosto de 2014.

b) Modalidade de presentación: a establecida no prego de cláusulas administrativas particulares. As proposicións axustaranse estritamente aos modelos que se inclúen no citado prego.

c) Lugar de presentación:

1) Dependencia: Augas de Galicia, no seu rexistro e nos días e horas hábiles de oficina (de luns a venres e das 9.00 ás 14.00 horas).

2) Enderezo: Doutor Maceira, nº 18, baixo.

3) Localidade e código postal: Santiago de Compostela (A Coruña), 15706.

d) Admisión de variantes: non se admiten.

e) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous (2) meses desde a apertura en acto público, segundo se indica no punto seguinte, das ofertas contidas no sobre C.

9. Apertura das ofertas:

a) Descrición: a apertura, a comprobación e a valoración separada do sobre A relativo á documentación acreditativa dos requisitos de aptitude para contratar, do sobre B cos elementos da oferta non valorables de forma automática e do sobre C cos da oferta que admiten unha valoración mediante a aplicación de fórmulas, realizarase conforme o disposto no prego administrativo e na normativa de contratos do sector público.

b) Enderezo: Augas de Galicia na rúa Doutor Maceira, nº 18, baixo.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela (A Coruña), 15706.

d) Data e hora: as aperturas en acto público do sobre B terá lugar o 13 de agosto de 2014 ás 9.00 horas e do sobre C na data e a hora que se lles notificará aos licitadores, por fax ou calquera outro medio admitido, e publicarase no perfil do contratante con dous días hábiles de antelación á súa realización.

10. Gastos de publicidade: por conta do licitador seleccionado para ser adxudicatario.

11. Data de envío do anuncio ao Diario Oficial de la Unión Europea: 5 de xuño de 2014.

12. Outras informacións:

a) Modificacións previstas: prevese no contrato a posibilidade da súa eventual modificación á baixa nos termos expresados no prego de cláusulas administrativas particulares.

b) As ofertas tamén poderán presentarse por correo, segundo o disposto no artigo 80.4 do Regulamento xeral da Lei de contratos das administracións públicas; neste caso, o licitador deberá anunciar ao órgano de contratación, no mesmo día da imposición na oficina de Correos, mediante telegrama ou fax, a remisión da documentación para concorrer á licitación, así como xustificar a data de imposición do envío.

c) Idioma: galego, castelán ou nos idiomas da Unión Europea, xunto con tradución oficial.

d) Forma xurídica de agrupación de empresas, se é o caso: unión de empresarios.

e) Apertura do sobre A: terá lugar en acto previo a comprobación da documentación xeral segundo se especifica no prego de cláusulas administrativas particulares.

f) Apertura e valoración das ofertas dos sobres B e C: a apertura do sobre B e a súa valoración realizaranse con anterioridade á apertura e valoración do contido do sobre C. No caso de que os actos públicos de apertura das ofertas se modifiquen notificarase esta circunstancia aos licitadores presentados e farase pública no perfil do contratante.

g) Publicidade de resultados: as datas e os resultados das aperturas dos sobres A, B e C, así como da adxudicación e formalización do contrato faranse públicas no perfil do contratante.

h) Formalización do contrato: o contrato perfeccionarase coa súa formalización, que se efectuará no prazo previsto no cadro de características.

Santiago de Compostela, 5 de xuño de 2014

P.D. (Resolución 30.1.2012; DOG nº 21, do 31 de xaneiro)
Francisco Menéndez Iglesias
Director de Augas de Galicia