Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 110 Mércores, 11 de xuño de 2014 Páx. 26396

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

CÉDULA do 21 de maio de 2014, da Subdirección Xeral de Inspección do Transporte, pola que se notifica unha resolución ditada en expediente sancionador en materia de transportes terrestres, devolta polo servizo de Correos porque, intentada a notificación, non se puido efectuar (expediente PO-02225-O-2013).

De conformidade co disposto no artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que a seguir se relaciona a resolución que o subdirector xeral de Inspección de Transportes ditou no expediente sancionador instruído por infracción da normativa vixente dos transportes terrestres porque, intentada a notificación, non se puido efectuar.

Fáiselle saber que contra a dita resolución, que non é definitiva na vía administrativa, cabe recurso de alzada ante o director xeral de Mobilidade, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta cédula.

A sanción foi aboada anticipadamente cunha redución do 25% do seu importe na forma prevista no artigo 146.3 da Lei 16/1987, do 30 de xullo, de ordenación dos transportes terrestres.

Dado que a sanción finalmente imposta é inferior á sanción consignada no acordo de inicio de expediente sancionador, procede a devolución de 900 € (1500,75-600,75).

Para que conste e lle sirva de notificación ao interesado, asino e selo esta cédula.

Santiago de Compostela, 21 de maio de 2014

Mercedes López Caneda
Subdirectora xeral de Inspección do Transporte

ANEXO

Expediente

Matrícula

Denunciante

Persoa sancionada

DNI/CIF

Último enderezo coñecido

Infracción cometida

Data-Hora-Estrada-p.q.

Precepto
cualificador

Precepto
sancionador

Sanción imposta

Importe a devolver

PO-02225-O-2013

4839-FVP

Garda Civil 3603 U36333E

Schenker Logistic, S.A.U.

A08363541-

Lameiro, 20, 36202 Vigo

Pontevedra

Transporte de mercadorías perigosas no cal os documentos de transporte non conteñen a correspondente información correcta (diferente das anteriores).

24.4.2013; 8.55; A-55; 9

Artigo 141.5.11 da LOTT

Artigo 143.1.f) da LOTT

801

900