Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 110 Mércores, 11 de xuño de 2014 Páx. 26395

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 27 de maio de 2014, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se emprazan os interesados no recurso contencioso-administrativo P.O. 65/2014, interposto pola Confederación Intersindical Galega.

A Dirección xeral da Función Pública recibiu da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia providencia pola que se admite a trámite o recurso contencioso-administrativo P.O. 65/2014, interposto pola Confederación Intersindical Galega contra a Resolución do 20 de decembro de 2013 pola que se ordena a publicación do Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 19 de decembro de 2013, polo que se aproba a modificación da relación de postos de traballo da Consellería de Facenda.

En consecuencia, esta dirección xeral acordou nesta data, de conformidade co disposto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, a remisión do correspondente expediente administrativo ao referido xulgado. O que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento, que son emprazadas para que poidan comparecer como parte nos autos da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de nove días, contados desde o seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 27 de maio de 2014

José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública