Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 108 Luns, 9 de xuño de 2014 Páx. 25995

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (1234/2011).

María Adelaida Egurbide Margañón, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 1234/2011 deste xulgado do social, seguido por instancia de Iria Villanueva Sánchez contra a empresa Simefer 50, S.C., Pablo Silva Sastre, Jorge Gómez Mera e Fogasa, sobre ordinario, se ditou sentenza, cuxa resolución é a seguinte:

Resolución:

Estímase parcialmente a demanda formulada por Iria Villanueva Sánchez, fronte á empresa Simefer 50, S.C., Pablo Silva Sastre e Jorge Gómez Mera e, en consecuencia, condénanse os demandados, con carácter solidario, ao pagamento á demandante da cantidade de 2.985,73 euros, que se incrementarán co xuro moratorio previsto no artigo 29.3 do Estatuto dos traballadores.

Notifíquese esta resolución ás partes e fágaselles saber o seu dereito a interpor contra ela recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que poderán anunciar por comparecencia ou mediante escrito ante este xulgado no prazo de cinco días a partir da súa notificación.

Advírtase o recorrente que non sexa traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social, ou habente causa seu, ou non teña recoñecido o beneficio da xustiza gratuíta, de que deberá depositar a cantidade de 300 euros do depósito especial indicado no artigo 229.1.a) da Lei reguladora da xurisdición social, na conta aberta na entidade Banesto, a nome deste xulgado, acreditando mediante a presentación do xustificante de ingreso no período comprendido ata a formalización do recurso así como, no caso de ter sido condenado en sentenza ao pagamento dalgunha cantidade, consignar na conta de depósitos e consignacións a nome deste xulgado, a cantidade obxecto de condena, ou formalizar aval bancario por esa cantidade en que se faga constar a responsabilidade solidaria do avalista, e incorporala a este xulgado co anuncio do recurso.

En todo caso, o recorrente deberá designar letrado para a tramitación do recurso, no momento de o anunciar.

Dedúzase testemuño literal desta sentenza, que quedará nestas actuacións, con inclusión da orixinal no libro de sentenzas.

Así, por esta miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que sirva de notificación en legal forma a Simefer 50, S.C., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 19 de maio de 2014

A secretaria xudicial