Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 108 Luns, 9 de xuño de 2014 Páx. 25997

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (32/2012).

María Adelaida Egurbide Margañón, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fai saber que no procedemento ordinario 32/2012 deste xulgado do social, seguido por instancia de Jonatan Rafael Vieites Fuentes contra Metálicas Soutelo, S.L. e Fogasa sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución:

«Decido que debo estimar e estimo a demanda que en materia de cantidade interpuxo Rafael Vieites Fuentes fronte a Metálicas Soutelo, S.L., con intervención do Fogasa e, en consecuencia, debo condenar e condeno a parte demandada a que aboe á demandante a cantidade de 9.531,53 euros, que se incrementarán cos xuros moratorios do artigo 29.3 do Estatuto dos traballadores en canto aos conceptos salariais.

Notifíquese a presente resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que se deberá anunciar neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución, para o que abondará a manifestación da parte ou do seu avogado ou representante dentro do indicado prazo.

Advírtase o recorrente que non sexa traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social, ou habente causa seu, ou non teña recoñecido o beneficio da xustiza gratuíta, de que deberá depositar a cantidade de 300 euros do depósito especial indicado no artigo 229.1.a) da Lei reguladora da xurisdición social, na conta aberta na entidade Banesto, a nome deste xulgado, acreditando mediante a presentación do xustificante de ingreso no período comprendido ata a formalización do recurso así como, no caso de ter sido condenado en sentenza ao pagamento dalgunha cantidade, consignar na conta de depósitos e consignacións a nome deste xulgado a cantidade obxecto de condena, ou formalizar aval bancario por esa cantidade en que se faga constar a responsabilidade solidaria do avalista, e incorporala a este xulgado co anuncio do recurso.

En todo caso, o recorrente deberá designar letrado para a tramitación do recurso, no momento de o anunciar.

Dedúzase testemuño literal desta sentenza, que quedará nestas actuacións, con inclusión da orixinal no libro de sentenzas.

Así, por esta miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo.

Publicación. Expídoa eu, secretaria xudicial, para facer constar que na mesma data da sentenza se deposita na secretaría do xulgado a anterior sentenza para a súa notificación e publicidade, na forma permitida e ordenada pola Constitución e polas leis. A seguir, expídese testemuño da sentenza para a súa unión aos autos. Dou fe».

E para que lle sirva de notificación en legal forma á empresa Metálicas Soutelo, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 20 de maio de 2014

A secretaria xudicial