Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 108 Luns, 9 de xuño de 2014 Páx. 25999

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Reforzo da Coruña

EDICTO (897/2013).

Marta Yanguas del Valle, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 de reforzo da Coruña, fago saber que no procedemento despedimento/cesamentos en xeral 897/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de Pablo David Coccaro contra a empresa Complejo La Fuente, S.L., Complejo La Luna, S.L., Hotel Disco Luna Pub, S.L. e o Fogasa sobre despedimento, se ditou a resolución cuxo encabezamento e parte dispositiva son como do teor literal seguinte:

«Sentenza: 300/2014.

Xuíz: Javier López Cotelo.

Procedemento: despedimento 897/2013.

Demandante: Pablo David Coccaro.

Letrado: Sr. Agara Requeijo.

Demandados:

Complejo La Fuente, S.L.

Letrado:

Complejo La Luna, S.L.

Letrado:

Hotel Disco Luna Pub, S.L.

Letrada: Sra. González Pérez.

Fogasa.

A Coruña, 15 de maio de 2014.

Resolución.

1º. Estimo a demanda sobre despedimento formulada por Pablo David Coccaro contra as empresas Complejo La Fuente, S.L., Complejo La Luna, S.L., Hotel Disco Luna Pub, S.L e, en consecuencia, declaro a improcedencia do despedimento e condeno as demandadas a que readmita inmediatamente o traballador nas mesmas condicións que rexían antes de se producir o despedimento, ou, a elección das empresas, á extinción da relación laboral con aboamento da indemnización detallada no número segundo desta resolución. Todo isto con aboamento, no caso de opción pola readmisión, dos salarios de tramitación que non percibise ata a notificación desta sentenza.

Esta opción deberase exercer en 5 días a partir da notificación desta sentenza, mediante escrito ou comparecencia ante este xulgado. Transcorrido este termo sen que se optase, entenderase que procede a readmisión.

2º. A indemnización e os salarios de tramitación que deberá aboar ás empresas demandadas, segundo o disposto no número anterior, son os seguintes:

– En concepto de indemnización, e de optaren as empresas por ela: a cantidade de 11.934,4 euros.

– En concepto de salarios de trámite, para o caso de opción pola readmisión, os deixados de percibir desde a data do despedimento e ata a notificación desta sentenza, calculados a razón de 47,69 euros €/día.

3º. O Fogasa deberase ater ao acordado nesta resolución.

Inscríbase esta resolución no libro de sentenzas e déixese testemuño dela neste procedemento.

Notifíquese esta sentenza ás partes e advírtase de que contra ela se poderá interpor recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que se deberá anunciar neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución, por comparecencia ou mediante escrito, pasados os cales se declarará firme e se arquivará.

Advírtase igualmente o recorrente que non sexa traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social, ou habente causa seu, ou non teña recoñecido o beneficio da xustiza gratuíta, que deberá depositar a taxa establecida na Lei 10/2012, do 20 de novembro.

Así o pronuncio, mando e asino, Javier López Cotelo, xuíz social de reforzo.

Publicación. A anterior sentenza leuna e publicouna o xuíz que a subscribe no día da súa data, do que eu, a secretaria xudicial, dou fe».

E para que conste e sirva de notificación a Complejo La Luna, S.L, en ignorado paradoiro, expídese esta cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 15 de maio de 2014

A secretaria xudicial