Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 108 Luns, 9 de xuño de 2014 Páx. 26002

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (75/2014).

Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fai saber que no procedemento despedimento obxectivo individual 75/2014 deste xulgado do Social, seguido por instancia de Covadonga Martín Durán contra Fondo de Garantía Salarial (Fogasa) e Mr. Gold, S.L. sobre despedimento, se ditou a sentenza número 191, cuxo encabezamento e resolución son como segue:

Sentenza

Santiago de Compostela, 15 de maio de 2014

Vistos por Carolina Nores Díaz, maxistrada xuíza en comisión de servizo no Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela e o seu partido, estes autos de xuízo 75/2014, seguidos por instancia de Covadonga Martín Durán, representada polo letrado Sr. Millán Calenti, contra a entidade Mr Gold, S.L. e Fogasa, que non comparecen malia estaren debidamente citadas, sobre despedimento obxectivo individual,

(…)

Resolvo

1º. Estimo a demanda sobre despedimento interposta por Covadonga Marín Durán, representada polo letrado Sr. Millán Calenti, contra a entidade Mr. Gold, S.L. e Fogasa, que non comparecen neste acto malia estaren debidamente citadas, sobre despedimento obxectivo individual e, en consecuencia, debo declarar e declaro a improcedencia do despedimento e, en consecuencia, con condena da empresa indicada a que readmita inmediatamente a traballadora nas mesmas condicións que rexían antes de se producir o despedimento, con aboamento dos salarios de tramitación (calculados a razón de 57,37 €/día) ou ben, a elección do empresario, á extinción da relación laboral con aboamento da indemnización detallada no número segundo desta resolución.

Esta opción deberase exercer en 5 días a partir da notificación desta sentenza, mediante escrito ou comparecencia ante este xulgado. Transcorrido ese termo sen o empresario optar, entenderase que procede a readmisión.

2º. A indemnización, segundo o disposto no número anterior, sería de 5.464,49 €.

3º. Debo absolver e absolvo o Fogasa, sen prexuízo da súa responsabilidade subsidiaria nos casos previstos no artigo 33 do Estatuto dos traballadores.

Notifíquese ás partes esta resolución e fágaselles saber que contra ela poderán interpor recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de cinco días contados desde o seguinte ao da súa notificación.

A anterior resolución entregarase ao secretario para a súa custodia e incorporación ao libro de sentenzas. Insírase nas actuacións por medio de testemuño.

Por esta miña sentenza, xulgando definitivamente na primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que sirva de notificación en legal forma a Mr. Gold, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 16 de maio de 2014

A secretaria xudicial