Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 108 Luns, 9 de xuño de 2014 Páx. 25993

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 3 do Porriño

EDICTO (611/2012).

No procedemento de referencia (ordinario 611/2012) ditouse sentenza cuxo encabezamento e resolución son do seguinte teor literal:

«Sentenza 38/2013.

Asunto: xuízo ordinario 611/2012.

Sentenza.

O Porriño, 13 de marzo de 2013.

Xuíz que a dita: Olalla Díaz Sánchez.

Demandante: Banco Bilbao Vizcaya Argentaria, S.A.

Procurador: Manuel Carlos Diz Guedes.

Demandado: Fernando Vila Bugarín (rebelde procesual).

Obxecto do xuízo: reclamación de cantidade.

Ministerio Fiscal: non intervén.

Decido que, estimando integramente a demanda presentada pola representación procesual de fronte a Banco Bilbao Vizcaya Argentaria, S.A., condeno a demandada a aboar á demandante a suma de 12.847,61 euros, co incremento no xuro pactado na póliza presentada desde o 14 de marzo de 2012, con expresa imposición de custas á parte demandada.

Con expresa imposición das custas do presente procedemento á parte demandada.

A presente resolución non é firme e contra ela cabe recurso de apelación que se preparará neste xulgado no prazo de 20 días desde a súa notificación.

Notifíquese ás partes.

Así o acordo, mando e asino».

E encontrándose o devandito demandado Fernando Vila Bugarín, en paradoiro descoñecido, expídese o presente edicto co fin de que lle sirva de notificación en forma.

O Porriño, 11 de novembro de 2013

O/A secretario/a xudicial