Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 105 Mércores, 4 de xuño de 2014 Páx. 25432

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

ANUNCIO do 20 de maio de 2014, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se dá publicidade á Resolución do 3 de abril de 2014, do director xeral de Desenvolvemento Rural, que se modifica o acordo de concentración parcelaria da zona de Couso (Coristanco).

O 3 de abril de 2014 o director xeral de Desenvolvemento Rural ditou a Resolución de modificación do acordo de concentración parcelaria da zona de Couso-(Coristanco, A Coruña) que se transcribe a continuación:

O acordo da zona de concentración parcelaria de Couso (Coristanco, A Coruña), foi aprobado pola dirección xeral competente na materia o 7 de outubro de 2004, foi publicado e notificado na forma legalmente establecida, e na actualidade está pendente de firmeza.

Con posterioridade a estes actos, o Concello de Coristanco, o 19 de febreiro de 2014, solicitou a cesión da titularidade dos seguintes predios e para os fins que se especifica:

• Predio núm. 252-2 para o establecemento dunha área de lecer.

• Predio núm. 148 para ampliar a área da zona deportiva existente no predio nº 149 propiedade do Concello.

• Predio núm. 536 para captación de augas municipais.

• Predio núm. 550 para captación de augas municipais.

• Predio núm. 569-1 para instalar un depósito municipal de augas.

• Predio núm. 591 para equipamentos para as augas parroquiais.

• Predio núm. 592-1 para equipamentos para as augas parroquiais.

Visto o informe favorable da xunta local da zona, a Lei de reforma e desenvolvemento agrario, do 12 de xaneiro de 1973, a Lei 10/1985, do 14 de agosto, de concentración parcelaria para Galicia, modificada pola Lei 12/2001, do 10 de setembro, a Lei 6/2011, do 13 de outubro, de mobilidade de terras, a Ley 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, na súa redacción segundo a Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e demais disposicións vixentes de aplicación ao caso.

Á vista de que os destinos para os que se solicitan os predios nº 252-2, 148, 536, 550, 569-1, 591 e 592-1 son perfectamente subsumibles no suposto recollido no artigo 32 da antedita lei galega, esta dirección xeral resolve:

1) Modificar o acordo da concentración parcelaria da zona de Couso (Coristanco, A Coruña), e adxudicar ao Concello de Coristanco a titularidade dos predios nº 252-2, 148, 536, 550, 569-1, 591 e 592-1, que causan baixa no fondo de terras da zona, para seren destinados aos fins que se recollen na parte dispositiva desta resolución.

2) Transcorridos cinco anos desde a cesión das titularidades sen que os predios fosen destinados aos fins para os que son adxudicados, a titularidade dos referidos predios reverterá ao fondo de terras da zona, ao patrimonio da Comunidade Autónoma, á Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader) ou outra entidade que corresponda, segundo o caso.

3) Ordenar que á presente resolución se lle dea a oportuna publicidade, sen prexuízo da súa notificación ao Concello de Coristanco.

Contra esta resolución, que non é definitiva na vía administrativa, poderán interpoñer recurso de alzada ante a persoa titular da Consellería do Medio Rural e do Mar, no prazo dun mes, que se contará desde o día seguinte ao da publicación desta resolución.

A Coruña, 20 de maio de 2014

Antonio Manuel Aguión Fernández
Xefe territorial da Coruña