Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 105 Mércores, 4 de xuño de 2014 Páx. 25434

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 19 de maio de 2014 pola que se notifica a imposición dunha multa coercitiva (expediente IU3/39/2011-A1), devolta polo servizo de Correos por resultar o seu destinatario ausente na repartición.

A directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística ditou, o 28 de marzo de 2014, resolución pola que se impón unha multa coercitiva a Castor Martínez Martínez, como consecuencia de incumprir a Resolución do 19 de xuño de 2012, pola que se ordena a demolición das obras consistentes na construción dunha edificación illada con tipoloxía de vivenda unifamiliar, no lugar de Viñas, Vilela, no termo municipal de Verín, provincia de Ourense.

Ao non poderse realizar a notificación persoal daquela resolución, mediante a presente cédula e ao abeiro do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), notifícaselle ao interesado a devandita resolución.

Tendo en conta que, o acto non se publica na súa integridade, comunícaselle ao interesado que o texto íntegro da resolución que se notifica encóntrase á súa disposición nas dependencias da Axencia de Protección de la Legalidade Urbanística, situadas no Edificio Witland, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de 10 días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula. Transcorrido o dito prazo, a notificación entenderase producida.

Contra esta resolución, o interesado pode interpoñer recurso de reposición ante a directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte a aquel en que se produza a notificación, ou ben, se non exerce o seu dereito a presentar recurso potestativo de reposición, pode interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, ante o xulgado do contencioso-administrativo en cuxa circunscrición radique o inmoble afectado, conforme o disposto no artigo 14.1, regra terceira, da Lei 29/1998, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Para que conste e lle sirva de notificación ao citado interesado, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da LRXPAC, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 19 de maio de 2014

María Martínez Allegue
Directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística