Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 105 Mércores, 4 de xuño de 2014 Páx. 25456

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

CÉDULA do 14 de maio de 2014 pola que se lle notifica ao interesado a liquidación dun préstamo con garantía hipotecaria.

De conformidade cos artigos 59 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, despois de intentada a notificación persoal no último domicilio coñecido, emprázase o interesado que se sinala no anexo para ser notificado por comparecencia en que se dará coñecemento do contido íntegro do acto que se lle notifica.

A comparecencia deberá efectuarse ante o órgano de tramitación, o Servizo de Inspección do Instituto Galego da Vivenda e Solo, situado en Área Central, s/n, Polígono das Fontiñas, 15781 Santiago de Compostela, nun prazo de dez días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación desta cédula. Transcorrido este prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Santiago de Compostela, 14 de maio de 2014

Teresa María Gutiérrez López
Directora xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo

ANEXO

Expediente: LU-83/400 conta 34.

Nome: Manuel Ángel Lugilde Flores.

Último domicilio coñecido: avda. da Coruña, 449, portal 2, 5º B1, Lugo.

Indicación do contido do acto que se notifica: notificación da cantidade exixible resultante de liquidación de préstamo con garantía hipotecaria.

Trátase dun acto de mero trámite, polo que, de conformidade co disposto no artigo 107 da Lei 30/1992, non poderá interpoñerse ningún recurso.