De conformidade co disposto no artigo 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, despois de intentada a notificación persoal dúas veces, emprázase o interesado que se sinala no anexo para ser notificado por comparecencia.
O acto foi adoptado pola Inspección de Consumo.
A comparecencia deberá efectuarse no prazo de dez días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, ante o Servizo de Consumo de Pontevedra, con enderezo na Praza da Estrela, s/n, 7º andar, Edificio Administrativo da Xunta en Vigo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a vernes.
Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.
Pontevedra, 19 de maio de 2014
Alfonso Diéguez García
Xefe do Servizo de Consumo de Pontevedra
ANEXO
Citación: referencia 36R002/C-MLAA-7/2014 (expediente 36R001/382/2014).
Interesado: Andrés Miguel Alomía León (Mantenimientos y Revisiones Sol, S.L.).
NIF: 35587154-J.
Acto notificado: citación.