Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 105 Mércores, 4 de xuño de 2014 Páx. 25457

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 22 de maio de 2014, da Dirección Xeral de Recursos Económicos, pola que se anuncia a contratación pola Consellería de Sanidade do servizo de programación, organización, xestión e realización do Programa para a prevención do consumo de drogas en espazos de ocio nocturno e de botellón (AB-CON1-14-012).

1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención da información:

a) Organismo: Consellería de Sanidade.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Recursos Económicos.

c) Obtención de documentación e información:

1) Dependencia: Servizo de Contratación.

2) Domicilio: Edificio Administrativo San Lázaro, s/n, 2ª planta.

3) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15703.

4) Teléfono: 881 54 27 87.

5) Telefax: 881 54 27 62.

6) Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es

d) Número de expediente: AB-CON1-14-012.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: servizo.

b) Descrición: servizo de programación, organización, xestión e realización do Programa para a prevención do consumo de drogas en espazos de ocio nocturno e de botellón.

c) División por lotes e número de lotes/número de unidades: non.

d) Prazo de execución/entrega: seis meses desde a súa formalización.

e) Admisión de prórroga: non.

f) CPV (referencia de nomenclatura): 80561000-4.

3. Tramitación, procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Criterios de adxudicación, se é o caso:

Concepto

Puntuación

Criterios non valorables automaticamente (sobre B)

0-40 puntos

Memoria técnica

• Programa de formación de voluntarios e mediadores xuvenís

0-15

• Materiais de información-sensibilización

0-15

• Formularios empregados nas enquisas

0-10

Criterios valorables automaticamente (sobre C)

0-60 puntos

Oferta económica

0-60

4. Valor estimado do contrato: 50.000 euros.

5. Orzamento base de licitación:

a) Importe neto: 50.000 euros. Importe total: 60.500 euros.

6. Garantías exixidas:

Provisional: non. Definitiva: 5 (%) do importe da adxudicación excluído o IVE.

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica ou profesional, se é o caso: ver cláusula 6.6.2.d) e e) do prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: quince días naturais contados desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia (DOG). Sé o último día de presentación de solicitudes coincide en sábado ou día inhábil, na localidade establecida na cláusula 5.2. do prego de cláusulas administrativas particulares, o prazo de presentación prorrogarase ao primeiro día hábil seguinte.

b) Lugar de presentación:

1) Dependencia: Rexistro Xeral da Consellería de Sanidade e Servizo Galego de Saúde.

2) Domicilio: Edificio Administrativo San Lázaro, s/n.

3) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15703.

c) Admisión de variantes, se procede: non.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous meses contados desde a data de apertura das proposicións.

9. Apertura das ofertas:

a) Domicilio: Servizo Galego de Saúde, Edificio Administrativo San Lázaro, s/n.

b) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15703.

c) Data e hora:

• Apertura do sobre B: terá lugar na sala 2-1 do Edificio Administrativo San Lázaro, ás 9.00 horas do décimo primeiro día natural contado desde o día seguinte ao da finalización de presentación das ofertas. No caso que o día sinalado coincida en sábado, domingo ou festivo, realizarase o seguinte día hábil.

• Apertura do sobre C: publicarase no perfil do contratante.

10. Gastos de publicidade: si, por conta de/dos adxudicatarios.

11. Outras informacións: ver prego de cláusulas administrativas e prescricións técnicas

Santiago de Compostela, 22 de maio de 2014

P.D. (Decreto 41/2013 e Orde 3.7.2009)
Pablo Torres Arrojo
Director xeral de Recursos Económicos