Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 102 Venres, 30 de maio de 2014 Páx. 24440

IV. Oposicións e concursos

Universidade da Coruña

RESOLUCIÓN do 19 de maio de 2014 pola que se fai pública a modificación das bases que rexen no concurso de méritos para a provisión de diversos postos de traballo correspondentes ao persoal funcionario de administración e servizos, convocado por resolucións do 2 e do 21 de xaneiro de 2014 (Diario Oficial de Galicia número 10, do 16 de xaneiro, e número 22, do 3 de febreiro).

Por Resolución ditada o 9 de maio de 2014, a Xerencia da Universidade procedeu á estimación parcial dun recurso de reposición interposto o 20.2.2014 (número Rexistro de Entrada 1046), contra as bases que rexen a convocatoria do precitado concurso de méritos. En concreto, foi obxecto de impugnación a base 1.4.2, relativa á valoración da titulación académica que posúen os participantes, alegando discrecionalidade na forma de actuar da Administración, así como ter incorrido en discriminación pola distinta valoración que se lle outorgaba á licenciatura (4 puntos) fronte ao grao (3,5 puntos).

A dita resolución dispón a estimación parcial do recurso no tocante á segunda alegación «co efecto de equiparar a valoración da titulación académica de licenciado e graduado, aos cales lles corresponderá, de acreditaren a dita circunstancia, 4 puntos».

En consecuencia, modifícase a redacción orixinal da base terceira, punto 1.4.2, relativa á titulación académica, que queda redactada como segue:

Titulacións:

Máximo: 5

Doutor

5

Máster oficial (2º e sucesivos: 10 % do primeiro)

1º = 0,5 adicional

Licenciado/Grao

4

Diplomatura

3

Ciclo superior de FP

2,5

Bacharelato

2

Ciclo medio de FP

Graduado escolar

1

Segundas e sucesivas titulacións universitarias:

10 % do valor da 1ª equivalente no nivel de estudos

Esta modificación das bases, ao carecer de carácter substancial, non reabre o prazo de presentación de solicitudes.

Contra a resolución pola que se modifican as bases poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ao desta publicación no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 19 de maio de 2014

P.D. (Resolución reitoral do 16.1.2012; DOG do 13 de febreiro)
Juan Manuel Díaz Villoslada
Xerente da Universidade da Coruña