Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 102 Venres, 30 de maio de 2014 Páx. 24442

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Contencioso-Administrativo, Sección Segunda)

EDICTO (4647/2008-E).

No procedemento ordinario tramitado nesta sección co número 4647/2008-E acordouse expedir este edicto co fin de que se publique no Diario Oficial de Galicia a parte dispositiva da sentenza ditada por esta sección, con data do 15 de abril de 2010, no procedemento indicado.

Resolvemos. Estimamos o recurso contencioso-administrativo interposto polo procurador Francisco Javier Bejerano Fernández-Obenza, en nome e representación da Asociación Nacional de Fabricantes de Conserva y Marisco (Anfaco), en relación coa Orde da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos, do 29 de agosto de 2008, pola que se aproba o Regulamento da denominación de orixe Mexillón de Galicia-Mejillón de Galicia e do seu consello regulador. Declaramos que a disposición xeral impugnada non é conforme dereito e anulámola, sen imposición das custas.

A Coruña, 9 de maio de 2014

Inmaculada Pérez Arrojo
Secretaria