Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 102 Venres, 30 de maio de 2014 Páx. 24443

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (332/2012-MFV).

Tipo e número de recurso: recurso de suplicación 332/2012-MFV.

Xulgado de orixe/autos: demanda 1114/2009 do Xulgado do Social número 1 da Coruña.

Recorrente: José Antonio Patiño Cabezas.

Avogado: Leopoldo Ángel Martínez Roca.

Recorridos: Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo e Dámaso José, S.L.

Avogado/a: servizo xurídico da Seguridade Social (provincial), Sonsoles María Sueiro Lemus.

M. Socorro Bazarra Varela, secretaria xudicial da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 332/2012 desta sala, seguido por instancia de José Antonio Patiño Cabezas contra INSS-TXSS, a Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo, Dámaso José, S.L., sobre accidente de grao, ditouse a seguinte resolución:

«Que, desestimando o recurso de suplicación interposto pola representación procesual da parte demandante José Antonio Patiño Cabezas contra a sentenza do 20 de decembro de 2010 ditada polo Xulgado do Social número 1 da Coruña nos autos número 1114/2009 seguidos por instancia do demandante contra as demandadas, o INSS, a TXSS, a Mutua Gallega e a empresa Dámaso José, S.L., sobre revisión de grao de incapacidade permanente, debemos confirmar e confirmamos a sentenza de instancia. Incorpórese o orixinal desta sentenza, pola súa orde, ao libro de sentenzas desta sala do social (Tribunal Superior de Xustiza de Galicia).

Modo de impugnación: faise saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpoñer recurso de casación para a unificación de doutrina que debe prepararse mediante escrito presentado ante esta sala do social dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación desta sentenza. Se o recorrente non tiver a condición de traballador ou beneficiario do réxime público de seguridade social deberá consignar a cantidade de 600 euros en concepto de depósito para impugnar, na conta de consignacións desta sala aberta en Banesto co nº 1552, debendo indicar no campo concepto «recurso», seguido do código «35 social casación». Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria deberá incluír tras a conta referida, separado por un espazo, o código «35 social casación». Se efectuar diversos pagamentos na mesma conta deberá especificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase indicando no campo de observacións a data da resolución recorrida utilizando o formato dd/mm/aaaa. Quedan exentos do seu aboamento, en todo caso, o Ministerio fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes deles».

E para que sirva de notificación en legal forma á entidade Dámaso José, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 25 de abril de 2014