Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 102 Venres, 30 de maio de 2014 Páx. 24445

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (1086/2012).

María Adelaida Egurbide Margañón, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que no procedemento de seguridade social 1086/2012 deste xulgado do social, seguido por instancia de Enrique José Freire Ameijeiras contra a empresa Mutua Fremap, Austral Instalaciones, S.L. e o Instituto Nacional da Seguridade Social, sobre seguridade social, ditouse a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva se xunta:

«Sentenza.

Na Coruña o 8 de maio de 2014.

Miguel Herrero Liaño, maxistrado xuíz do Xulgado do Social número 2 da Coruña, despois de ver os presentes autos seguidos neste xulgado co nº 1086/2012, en que son partes, dun lado como demandante, Enrique José Freire Ameijeiras, asistido polo graduado social Sr. Diz García, e doutro como demandado, o Instituto Nacional da Seguridade Social, asistido polo letrado Sr. González Quintas e Mutua Fremap, representada polo letrado Sr. Amigo Estrada e Austral Instalacións, S.L., que non comparece, sobre declaración de incapacidade permanente absoluta, pronunciado en nome da súa maxestade o rei, a seguinte sentenza:

Resolución:

Desestímase a demanda formulada por José Enrique Freire Ameijeiras fronte ao INSS, Mutua Fremap e Austral Instalaciones, S.L., e absólvense as partes demandadas das pretensións fronte a elas dirixidas.

Notifíquese a presente resolución ás partes.

Así por esta a miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo».

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución abondando a manifestación da parte ou do seu avogado ou representante dentro do indicado prazo.

E para que sirva de notificación en legal forma a Austral Instalacións, S.L., en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 8 de maio de 2014

María Adelaida Egurbide Margañón
Secretaria xudicial