Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 102 Venres, 30 de maio de 2014 Páx. 24447

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (1274/2011).

María Adelaida Egurbide Margañón, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 1274/2011 deste xulgado do social, seguido por instancia de Beatriz Caruncho Prado contra a empresa Construcciones Oslamo, S.L., Promotora Rocanor, S.L., Grupo Riotorto, S.L., administración concursal de Rocanor, S.L. e o Fogasa, sobre ordinario, ditouse sentenza cuxo ditame é o seguinte:

«Decido que debo estimar e estimo a demanda que en materia de cantidade foi interposta por Beatriz Caruncho Prado fronte a Grupo Riotorto, S.L., con intervención do Fogasa, e, en consecuencia, debo condenar e condeno a parte demandada a que aboe á demandante a cantidade de 2.301,37 euros que se incrementarán co 10 % de xuro por demora que regula o artigo 29.3 ET.

Notifíquese a presente resolución ás partes facéndolles saber o seu dereito a interpoñer contra ela recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal poderán anunciar por comparecencia ou por escrito ante este xulgado no prazo de cinco días a partir da súa notificación.

Advírtase ao recorrente que non fose traballador ou beneficiario do réxime público de Seguridade Social, ou habente causa seu, ou non teña recoñecido o beneficio de xustiza gratuíta, que deberá depositar a cantidade de 300 euros do depósito especial indicado no artigo 229.1.a) da Lei reguladora da xurisdición social, na conta aberta na entidade Banesto, a nome deste xulgado, acreditando mediante a presentación do xustificante de ingreso no período comprendido ata a formalización do recurso, así como, no caso de ter sido condenado en sentenza ao pagamento dalgunha cantidade, consignar na conta de depósitos e consignacións a nome deste xulgado, a cantidade obxecto de condena, ou formalizar aval bancario pola devandita cantidade no cal se faga constar a responsabilidade solidaria do avalista, incorporándoos a este xulgado co anuncio de recurso.

En todo caso, o recorrente deberá designar letrado para a tramitación do recurso, no momento de anuncialo.

Dedúzase testemuño literal desta sentenza, que quedará nestas actuacións, con inclusión da orixinal no libro de sentenzas.

Así por esta a miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación en legal forma a Promotora Rocanor, S.L., en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 9 de maio de 2014

A secretaria xudicial