Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 102 Venres, 30 de maio de 2014 Páx. 24449

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Lugo

EDICTO (328/2014).

Rafael González Alió, secretario xudicial do Xulgado do Social número 1 de Lugo, fago saber que no procedemento núm. 328/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de Gerardo Posada Rivera contra a empresa Aislamientos Loar, S.C., sobre cantidade, foi expedida a seguinte cédula de citación:

«Cédula de citación.

Tribunal que ordena citar: Xulgado do Social número 1.

Asunto en que se acorda: procedemento ordinario 328/2014.

Persoa que se cita: Aislamientos Loar, S.C., como parte demandada.

Obxecto da citación:

Asistir nesa condición ao/aos acto/s de conciliación e, se for o caso, xuízo, concorrendo a tales actos coas probas de que se tente valer e tamén, se a parte contraria o pide e o tribunal o admite, contestar as preguntas que se lle formulen na práctica da proba de interrogatorio.

Lugar, día e hora en que debe comparecer:

Debe comparecer o día 6.5.2015 ás 11.15 horas, na sede do Xulgado do Social número 1, sita en r/ Armando Durán, 1, 4º, 27071 Lugo, ao acto de conciliación ante o/a secretario/a xudicial e, en caso de que non se chegue a avinza, ás 11.15 horas do mesmo día, ao acto de xuízo.

Prevencións legais:

1º. A incomparecencia do demandado, debidamente citado, non impedirá a celebración dos actos de conciliación e, se for o caso, xuízo, e este continuará sen necesidade de declarar a súa rebeldía (art. 83.3 LXS).

2º. Fáiselle saber que a parte demandante indicou que acudirá ao acto do xuízo con avogado para a súa defensa e/ou representación-procurador ou graduado social para a súa representación, o que se lle comunica para os efectos oportunos.

3º. Debe asistir ao xuízo con todos os medios de proba de que se tente valer (art. 82.3 LXS) e, no caso de que se admita a proba de interrogatorio solicitada pola outra parte, deberá comparecer e contestar o interrogatorio ou, no caso contrario, poderán considerarse recoñecidos como certos na sentenza os feitos a que se refiren as preguntas, sempre que o interrogado tiver intervido neles persoalmente e a súa fixación como certos lle resulte prexudicial en todo ou en parte.

Conforme dispón o artigo 91.3 da LXS, o interrogatorio das persoas xurídicas practicarase con quen legalmente as represente e teña facultades para responder tal interrogatorio.

Se o representante en xuízo non tiver intervido nos feitos, deberá traer ao xuízo unha persoa que os coñecese directamente. Con tal fin, a parte interesada poderá propor a persoa que se deba someter ao interrogatorio xustificando debidamente a necesidade de tal interrogatorio persoal.

Poderán así mesmo solicitar, polo menos con cinco días de anticipación á data do xuízo, aquelas probas que deben ser practicadas nel e requiran dilixencias de citación ou requirimento (art. 90.3 LXS).

4º. Advírteselle que a parte demandante solicitou como probas o seu interrogatorio como demandado.

Para tal efecto, indícaselle que, se non comparece, se poderán ter por certos os feitos da demanda en que tiver intervido persoalmente e lle resultaren en todo ou en parte prexudiciais (art. 91.2 LXS).

Téndose solicitado o interrogatorio de parte e sendo a mesma persoa xurídica débense facer as advertencias que se conteñen no art. 91.3 e 5 da LXS. Conforme dispón o devandito precepto, o interrogatorio das persoas xurídicas privadas practicarase con quen legalmente as represente e teña facultades para responder a tal interrogatorio. Se o representante en xuízo non tiver intervido nos feitos, deberá traer ao xuízo á persoa que os coñecese directamente. Con tal fin, a parte interesada poderá propor a persoa que se deba someter ao interrogatorio xustificando debidamente a necesidade do devandito interrogatorio persoal.

A declaración das persoas que actuasen nos feitos litixiosos en nome do empresario, cando sexa persoa xurídica privada, baixo a responsabilidade deste, como administradores, xerentes ou directivos, só se poderá acordar dentro do interrogatorio da parte por cuxa conta teñan actuado e en calidade de coñecedores persoais dos feitos, en substitución ou como complemento do interrogatorio do representante legal, salvo que, en función da natureza da súa intervención nos feitos e posición dentro da estrutura empresarial, por non prestaren xa servizos na empresa ou para evitar indefensión, o xuíz ou tribunal acorde a súa declaración como testemuñas.

5º. Debe comunicar a esta oficina xudicial un domicilio para a práctica de actos de comunicación e calquera cambio de domicilio que se produza durante a tramitación deste proceso, cos apercibimentos do art. 53.2 LXS (art. 155.5 parágrafo 1º da LAC) e fáiselle saber que, en aplicación de tal mandado, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial, as partes ou interesados e, se for o caso, os profesionais designados, sinalarán un domicilio e os datos completos para a práctica de actos de comunicación.

O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións neles intentadas sen efecto serán válidas en canto non sexan facilitados outros datos alternativos, sendo carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados; así mesmo deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similares, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

6º. Tamén deberá comunicar, e antes da súa celebración, a existencia dalgunha causa legal que xustifique a suspensión dos actos de conciliación e/ou de xuízo a que é convocado (art. 183 LAC).

7º. As partes poderán formalizar conciliación en evitación do proceso por medio de comparecencia ante a oficina xudicial, sen esperar pola data de sinalización, así como someter a cuestión aos procedementos de mediación que poidan estar constituídos de acordo co disposto no art. 63 desta lei, sen que iso supoña a suspensión, salvo que de común acordo o soliciten ambas as dúas partes, xustificando a submisión á mediación e polo tempo máximo establecido no procedemento correspondente, que non poderá exceder quince días.

Lugo, once de marzo de dous mil catorce.

O secretario xudicial»

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

E para que sirva de citación á empresa Aislamientos Loar, S.C., expídese o presente edicto.

Lugo, 9 de maio de 2014

O secretario xudicial