Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 102 Venres, 30 de maio de 2014 Páx. 24453

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (63/2011).

María Teresa Vázquez Abades, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 63/2011 deste xulgado do social, seguido por instancia de Ramón Iglesias Berdullas contra Logística Baylo, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial, sobre ordinario, ditouse a seguinte resolución: (sentenza).

Decido que, estimando integramente a demanda interposta por Ramón Iglesias Berdullas contra Logística Baylo, S.L. e o Fogasa, debo condenar e condeno a mercantil demandada a que lle aboe ao demandante a suma de dous mil dezaoito euros con seis céntimos (2.018,06 €) polos conceptos sinalados no feito probado cuarto da presente resolución, máis o 10 % en concepto de xuro legal por demora respecto da devandita cantidade; deberase observar no que atinxe á responsabilidade do Fogasa o disposto no artigo 33 do ET.

Notifíquese ás partes a presente resolución facéndolles saber que fronte a ela non cabe recurso ningún (artigo 191.2 e disposición transitoria segunda LRXS).

A anterior resolución entregarase ao secretario para a súa custodia e incorporación ao libro de sentenzas. Insírase nas actuacións por medio de testemuño.

Por esta a miña sentenza, xulgando definitivamente en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que sirva de notificación en legal forma a Logística Baylo, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 9 de maio de 2014

A secretaria xudicial