Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 101 Mércores, 28 de maio de 2014 Páx. 24190

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (526/2013).

María Teresa Vázquez Abades, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de despedimento obxectivo individual 526/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de Antonio Cancela Rey contra Excavaciones Migasa, S.L. e o Fogasa, sobre despedimento, ditouse a seguinte resolución cuxa parte dispositiva expresa:

Que, estimando integramente a demanda interposta por Antonio Cancela Rey, contra Excavaciones Migasa, S.L., declaro a nulidade do despedimento do demandante efectuado pola demandada con efectos do 27 de marzo de 2013 e, por non resultar realizable a readmisión do traballador, declaro extinguida a data da presente resolución a relación laboral que vinculaba a Antonio Cancela Rey con Excavaciones Migasa, S.L., e debo condenar e condeno a mercantil demandada a que o aboe ao demandante a suma de 12.950,53 euros en concepto de indemnización pola extinción da relación contractual.

No que atinxe á responsabilidade do Fogasa, deberá observarse o disposto no artigo 33 do ET.

Notifíquese ás partes e ao Fogasa a presente resolución facéndolles saber que fronte a ela poderán interpoñer recurso de suplicación para ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de cinco días contados desde o seguinte ao da súa notificación.

A anterior resolución entregarase ao secretario para a súa custodia e incorporación ao libro de sentenzas. Insírase nas actuacións por medio de testemuño.

Por esta a miña sentenza, xulgando definitivamente na primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que sirva de notificación en legal forma a Excavaciones Migasa, S.L., na persoa do seu administrador José M. Gómez Abeijón, en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 8 de maio de 2014

A secretaria xudicial