Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 101 Mércores, 28 de maio de 2014 Páx. 24192

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (26/2011).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 26/2011 deste xulgado do social, seguido por instancia de José Manuel Fernández Rey contra Barbanza de Fontanería IFC, S.L., Fogasa, sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución cuxa parte dispositiva expresa: «Que, estimando parcialmente a demanda interposta por José Manuel Fernández Rey contra Barbanza Fontanaría IFC, S.L., debo condenar e condeno a demandada a lle aboar ao demandante a suma de tres mil seiscentos oito euros con oitenta e nove céntimos (3.608,89 €) polos conceptos indicados no feito probado terceiro desta resolución, máis os xuros por mora previstos no artigo 29.3 do Estatuto dos traballadores respecto da dita cantidade, con absolución do demandado, Carlos Rodríguez Alba, das peticións deducidas na súa contra.

En relación coa responsabilidade do Fogasa, terá que se observar o disposto no artigo 33 do Estatuto dos traballadores.

Notifíqueselles ás partes e ao Fogasa esta resolución e fágaselles saber que contra ela cabe recurso de suplicación para ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de cinco días contados desde o seguinte ao da súa notificación.

A anterior resolución entregaráselle ao secretario para a súa custodia e incorporación ao libro de sentenzas. Insírase nas actuacións por medio de testemuño.

Por esta miña sentenza, xulgando definitivamente na primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación en legal forma a Barbanza de Fontanería IFC, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 8 de maio de 2014

A secretaria xudicial