Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 101 Mércores, 28 de maio de 2014 Páx. 24179

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 da Coruña

EDICTO (1238/2013).

Juan Rey Pita, secretario xudicial do Xulgado do Social número 3 da Coruña, fago saber que no procedemento de despedimento obxectivo individual 1238/2013 deste Xulgado do Social, seguido por instancia de Rosa Isabel Zamora Fernández contra Nueve Ochenta y Uno, S.L. e o Fogasa, sobre despedimento, se ditou a seguinte resolución:

Resolvo:

Primeiro. Acepto a demanda sobre despedimento formulada por Rosa Isabel Zamora Fernández fronte á empresa Nueve Ochenta y Uno, S.L. e, en consecuencia, declaro a improcedencia do despedimento con extinción da relación laboral, ao dar por feita a opción pola indemnización, e condeno a empresa a aboarlle a cantidade de 3.001,5 euros como indemnización.

Segundo. O Fogasa terá de pasar pola presente resolución nos termos do artigo 23.6 inciso primeiro da LRXS.

Notifíqueselles esta sentenza ás partes advertíndolles que contra ela poderán interpor recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza que deberá ser anunciado por comparecencia, ou mediante escrito neste xulgado dentro dos cinco días seguintes ao da notificación desta sentenza, ou por simple manifestación no momento en que se lles practique a notificación. Advírtase igualmente o recorrente que non fose traballador ou beneficiario do réxime público de Seguridade Social, ou habente causa seu, ou que non teña recoñecido o beneficio de xustiza gratuíta, que deberá depositar a cantidade de 300 euros na conta aberta en Banesto 0030.1846 a nome deste xulgado co núm. 1533.0000.36.1238.12, acreditándoo mediante a presentación do xustificante de ingreso no período comprendido ata a formalización do recurso; así como no caso de ter sido condenado en sentenza ao pagamento dalgunha cantidade, consignar na conta de depósitos e consignacións a nome deste xulgado, co nº 1533.0000.60.1238.12, a cantidade obxecto de condena, ou formalizar aval bancario pola dita cantidade, no cal se faga constar a responsabilidade solidaria do avalista, incorporándoos a este xulgado co anuncio de recurso. En todo caso, o recorrente deberá designar letrado para a tramitación do recurso no momento de anuncialo.

Así, por esta miña sentenza, definitivamente xulgando, pronúncioo, mándoo e asínoo.

Publicación. Lida e publicada foi a anterior sentenza polo maxistrado que a ditou, estando en audiencia pública no día da data, do que dou fe.

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Nueve Ochenta y Uno, S.L., expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de localización.

A Coruña, 7 de maio de 2014

O secretario xudicial