Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 101 Mércores, 28 de maio de 2014 Páx. 24178

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 2 da Coruña

EDICTO (585/2013).

Carlota Fernández Ambros, secretaria xudicial do Xulgado de Primeira Instancia número 2 da Coruña, dou fe e certifico:

Ditouse sentenza no xuízo verbal nº 585/2013, en que é demandante Empresa Municipal de Aguas de La Coruña, S.A. e demandada Golán Materiales de Construcción, S.L.

Da referida sentenza a interesada poderá ter coñecemento íntegro na Secretaría deste xulgado.

A resolución é firme e contra ela non cabe recurso ningún.

E como consecuencia do ignorado paradoiro da demandada Golán Materiales de Construcción, S.L. e para que sirva de notificación en forma por medio de publicación no Diario Oficial de Galicia, expido e firmo o presente.

A Coruña, 8 de abril de 2014

A secretaria xudicial