Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 100 Martes, 27 de maio de 2014 Páx. 23890

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (1149/2013).

Encarnación Mercedes Tubío Lariño, secretaria do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 1149/2013 por instancia de Emilio Alberto Conde Varela contra Fondo de Garantía Salarial e a empresa Biforis Accesorios de Madera, S.L., administración concursal de Biforis Accesorios de Madera, S.L. (María del Pilar García López) sobre despedimento, en que recaeu auto de aclaración da sentenza con data 5 de maio de 2014 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

Parte dispositiva:

É procedente a aclaración solicitada. E, en consecuencia, a resolución da sentenza do 1 de abril de 2014 quedará do teor literal seguinte:

Resolución

«Estímase a demanda interposta por Emilio Alberto Conde Varela fronte a Biforis Accesorios de Madera, S.L., á súa administradora concursal María del Pilar García López, con intervención do Fondo de Garantía Salarial e, en consecuencia:

– Declárase improcedente o despedimento efectuado pola demandada Biforis Accesorios de Madera, S.L. ao demandante.

– Enténdese, ante a imposibilidade de readmisión, feita a opción pola indemnización.

– Declárase a extinción, con data desta resolución, da relación laboral que unía o demandante coa empresa Biforis Accesorios de Madera, S.L.

– Condénase a Biforis Accesorios de Madera, S.L. a aboar a Emilio Alberto Conde Varela, en concepto de indemnización, a cantidade de trinta e seis mil catrocentos noventa e seis con corenta e un euros (36.496,41 euros).

Notifíquese a presente resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal se deberá anunciar neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución, para o cal abondará a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social ou representante dentro do indicado prazo.

Se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá, ao tempo de anunciar o recurso, ter consignado a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado, facendo constar no ingreso o número de procedemento.

Así o acorda, manda e asina, Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña».

E para que conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Biforis Accesorios de Madera, S.L., expido e asino este edicto.

A Coruña, 7 de maio de 2014

A secretaria xudicial