Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 100 Martes, 27 de maio de 2014 Páx. 23888

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 da Coruña

EDICTO (253/2012).

Juan Rey Pita, secretario xudicial do Xulgado do Social número 3 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 253/2012 deste xulgado do social, seguido por instancia de Carlos Alberto Suárez Vázquez contra Icq Inova Constr. e Qualidad, S.A., Fogasa sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución:

Resolvo:

1º. Que estimando a demanda formulada por Carlos Alberto Suárez Vázquez contra a empresa Icq Inova Constr. e Qualidad, S.A., condénoa a lle aboar a cantidade de 1.152 euros de principal e 115,2 euros como xuros moratorios ata a presente sentenza.

2º. O Fogasa deberase ater a esta resolución nos termos do artigo 23.6 inciso primeiro LRXS.

Notifíquese ás partes e advírtase que contra esta resolución non cabe recurso de suplicación por razón da materia ou contía, sen prexuízo do que poida caber polos motivos recollidos no artigo 191.3.b), d) ou e) LRXS, no caso dos supostos previstos en tales preceptos, que deberá ser anunciado ante este xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación da presente resolución na forma prevista no artigo 194 e concordantes da LRXS, e co cumprimento das obrigas de depósito, consignación ou aseguramento previstas nos artigos 229 e seguintes LRXS.

Así, por esta sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo.

Publicación. A anterior sentenza leuna e publicouna o maxistrado que a ditou, en audiencia pública no día da data, do que dou fe.

E para que sirva de notificación en legal forma a Icq Inova Constr e Qualidad, S.A., expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 6 de maio de 2014

O secretario xudicial