Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 100 Martes, 27 de maio de 2014 Páx. 23885

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Contencioso-Administrativo, Sección Segunda)

EDICTO (4175/2007).

No procedemento ordinario que se tramita nesta sala e do cal se fará mención para dar cumprimento ao disposto no artigo 47 da LXCA, acordouse expedir este edicto co fin de que se publique no Diario Oficial de Galicia a parte dispositiva da sentenza do 5.2.2014, ditada pola Sección Quinta da Sala Terceira do Tribunal Supremo, inserindo o texto que a seguir se indica. Deberá remitir a esta sala un exemplar para a súa posterior remisión ao Tribunal Supremo.

«Resolvemos que, desestimando o primeiro motivo de casación alegado e con estimación do segundo, debemos declarar e declaramos que é procedente o recurso interposto polo procurador Julián Caballero Aguado, en nome e representación da entidade mercantil Inmobiliaria Pasillo Verde V.P., S.L., contra a sentenza pronunciada, con data do 20 de xaneiro de 2011, pola Sección Segunda da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no recurso contencioso-administrativo número 4175 de 2007, a que, por conseguinte, anulamos, ao mesmo tempo que, con estimación do recurso contencioso-administrativo sostido pola representación procesual da referida entidade mercantil Inmobiliaria Pasillo Verde V.P., S.L., contra o Decreto da Xunta de Galicia 15/2007, do 1 de febreiro, polo que se suspende a vixencia das normas de planeamento municipal de Barreiros e se aproba a ordenación urbanística provisional ata a entrada en vigor do novo planeamento, debemos declarar e declaramos que o referido Decreto 15/2007, do 1 de febreiro, é nulo de pleno dereito, sen facer expresa condena ao pagamento das custas procesuais causadas na instancia e neste recurso de casación. Así, por esta nosa sentenza, cuxa parte dispositiva se publicará no Diario Oficial de Galicia, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo. Fágase saber ás partes, cando se lles notifique, que contra ela non cabe ningún recurso ordinario».

A Coruña, 24 de marzo de 2014

Inmaculada Pérez Arrojo
Secretaria