Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 100 Martes, 27 de maio de 2014 Páx. 23886

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 4 de Cambados

EDICTO (497/2013).

Ana María López Gómez, secretaria xudicial do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 4 de Cambados, fai saber que en virtude do acordado nos autos de referencia, e de conformidade co disposto nos artigos 156.4 e 164 da LAC, por medio deste edicto notifícase a Mariana Márquez da Silva, en ignorado paradoiro, a sentenza ditada con data do 15 de abril de 2014, nos autos de divorcio contencioso 497/2013, estando á disposición da dita parte a referida resolución na secretaría deste órgano xudicial. Comunícase á parte demandada que contra a sentenza cabe interpor recurso de apelación no prazo de vinte días contados a partir do día seguinte ao da notificación da resolución, logo do depósito de 50 euros, que deberá ingresar en efectivo na conta de depósitos e consignacións deste xulgado, aberta na entidade Banco Santander, segundo o previsto na disposición adicional décimo quinta da Lei orgánica 6/1985, do 1 de xullo, do poder xudicial, debendo acreditar xustificante ou orde de ingreso de tal pagamento, sen este requisito non se admitirá a trámite o recurso.

Cambados, 15 de abril de 2014

A secretaria xudicial