Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 100 Martes, 27 de maio de 2014 Páx. 23883

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

ANUNCIO do 22 de abril de 2014, da Xerencia da Estrutura de Xestión Integrada de Pontevedra e O Salnés, polo que se comunica a publicación de convocatoria pública para a provisión dun posto de xefatura de Servizo de Control de Concertos e Prestacións Externas.

De conformidade co establecido no Decreto 206/2005, do 22 de xullo (DOG nº 145, do 29 de xullo), de provisión de prazas de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde, e na Orde do 24 de maio de 2006 (DOG nº 106, do 5 de xuño), pola que se establecen as bases do procedemento para a provisión dos postos de xefatura e coordinación das institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde, vacante o posto de xefatura de servizo de control de concertos e prestacións externas e previa autorización do 22 de xaneiro de 2014 da Dirección Xeral de Recursos Humanos, e no uso das atribucións conferidas polo Decreto 43/2013, do 21 de febreiro, polo que se establece a estrutura orgánica do Servizo Galego de Saúde (DOG nº 47, do 7 de marzo), e a Orde do 28 de setembro de 2011 pola que se desenvolve a Estrutura organizativa de Xestión Integrada de Pontevedra e O Salnés e se delegan competencias nos seus órganos directivos (DOG nº 188, do 30 de setembro), modificada por Orde do 5 de xullo de 2012 (DOG nº 139, do 20 de xullo), o xerente da Estrutura de Xestión Integrada de Pontevedra e O Salnés,

RESOLVE:

Primeiro. Anunciar a convocatoria para cubrir, polo procedemento de libre designación, un posto de xefatura de servizo de control de concertos e prestacións externas.

Segundo. As retribucións do posto ofertado serán as que correspondan de acordo coa orde anual pola que se ditan instrucións sobre a confección de nóminas do persoal ao servizo da Administración autonómica.

Terceiro. As solicitudes para participar nesta convocatoria presentaranse, preferentemente, no Rexistro da Xerencia da Estrutura de Xestión Integrada de Pontevedra e O Salnés, sito no Hospital Provincial de Pontevedra, na rúa Loureiro Crespo, 2, ou a través de calquera dos procedementos do artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, no prazo de 15 días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Cuarto. As bases íntegras da convocatoria estarán expostas nos taboleiros de anuncios do Complexo Hospitalario de Pontevedra e do Hospital do Salnés, así como na páxina web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es) e na intranet do CHOP.

Pontevedra, 22 de abril de 2014

José Manuel González Álvarez
Xerente da Estrutura de Xestión Integrada de Pontevedra e O Salnés