Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 100 Martes, 27 de maio de 2014 Páx. 23857

III. Outras disposicións

Consellería do Medio Rural e do Mar

ORDE do 16 de maio de 2014 pola que se fixa o importe do crédito dispoñible na convocatoria de 2014 para a concesión de axudas para proxectos ao abeiro dos plans estratéxicos zonais aos grupos de acción costeira, convocadas pola Orde do 16 de marzo de 2011 pola que se establecen as bases e se regula o procedemento da súa concesión (con financiamento do Fondo Europeo de Pesca).

A Orde do 16 de marzo de 2011 (DOG nº 57, do 22 de marzo) modificada pola Orde do 5 de xullo de 2012 (DOG nº 143, do 27 de xullo) e pola Orde do 16 de xullo de 2013 (DOG nº 137, do 19 de xullo) establece as bases reguladoras para a concesión de axudas para proxectos ao abeiro dos plans estratéxicos zonais aprobados pola Consellería do Medio Rural e do Mar aos grupos de acción costeira (con financiamento do Fondo Europeo de Pesca).

O artigo 10 da citada orde establece que a presentación das solicitudes se mantén aberta ata o 31 de marzo de 2014, e nel establécense os períodos anuais de resolución.

O artigo 9 da citada orde establece que as axudas se concederán con cargo ás aplicacións orzamentarias que en cada un dos anos de vixencia do actual Programa operativo FEP 2007-2013 sinale a correspondente Lei de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma.

En cada anualidade sucesiva ata 2014 fixarase mediante unha orde complementaria o crédito plurianual existente con esta finalidade. Os créditos de cada ano poderán ser incrementados, se é o caso, coas incorporacións dos remanentes de exercicios anteriores que legalmente correspondan.

Aprobados os orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2014 pola Lei 11/2013, do 26 de decembro, cómpre facer pública a contía do crédito orzamentario destinado a facer fronte ás ditas axudas.

Para tal obxecto, esta consellería

DISPÓN:

Artigo 1. Crédito orzamentario de 2014

O crédito orzamentario para as solicitudes de axuda tramitadas durante o exercicio do ano 2014 e a plurianualidade asociada ás axudas que poidan concederse neste alcanza o importe de dez millóns trescentos quince mil catrocentos corenta e catro euros con trinta céntimos (10.315.444,30 euros), repartidos nas seguintes anualidades e partidas orzamentarias:

Partida orzamentaria

Ano 2014

Ano 2015

Totais

12.31.723B.770.0

4.280.212,04 €

2.995.992,08 €

7.276.204,12 €

12.31.723B.780.0

1.672.760,85 €

1.366.479,33 €

3.039.240,18 €

Totais

5.952.972,89 €

4.362.471,41 €

10.315.444,30 €

As axudas financiaranse con cargo ao Fondo Europeo de Pesca (75 %), a fondos da Administración xeral do Estado e a fondos da Comunidade Autónoma de Galicia.

Artigo 2. Ampliación do crédito

A contía establecida no artigo anterior para a anualidade 2014 poderá ser incrementada na cantidade resultante das incorporacións de créditos remanentes doutros exercicios.

Artigo 3. Concesión das axudas

A concesión de axudas quedará limitada, en todo caso, ás dispoñibilidades orzamentarias.

Disposición derradeira única. Entrada en vigor

Esta orde producirá efectos desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 16 de maio de 2014

Rosa María Quintana Carballo
Conselleira do Medio Rural e do Mar