Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 98 Venres, 23 de maio de 2014 Páx. 23298

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

CÉDULA do 31 de marzo de 2014, da Subdirección Xeral de Inspección do Transporte, pola que se notifican os requirimentos de pagamento realizados ás persoas que prestaron caución en expedientes sancionadores incoados en materia de transportes terrestres (expediente XC-00345-O-2010 e XC-01822-O-2009).

De conformidade co disposto no artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícanselles aos fiadores que a seguir se relacionan os requirimentos de pagamento das sancións impostas por resolución firme en expedientes sancionadores por infracción da normativa vixente dos transportes terrestres posto que as persoas sancionadas non as aboaron.

O importe da sanción deberá ser pagado dentro do prazo de 15 días hábiles contado desde o día seguinte a públicación desta cédula, mediante ingreso en calquera oficina do BBVA, de Caixa Galicia, de Caixanova ou de Banesto, empregando o modelo impreso que se facilitará nos Servizos Centrais da Dirección Xeral de Mobilidade.

De non efectuarse o ingreso no dito prazo, procederase ao seu cobramento pola vía de constrinximento, segundo o disposto no artigo 97 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Para que conste e lles sirva de notificación aos interesados, asino e selo esta cédula.

Santiago de Compostela, 31 de marzo de 2014

Mercedes López Caneda
Subdirectora xeral de Inspección do Transporte

ANEXO

Expediente

Matrícula

Denunciante

Persoa sancionada

DNI/CIF

Último enderezo coñecido

Infracción cometida

Data-Hora-Estrada-p.q.

Precepto cualificador

Precepto sancionador

Sanción imposta

Fiador

Último enderezo coñecido

XC-00345-O-2010

01-GT-70

Garda Civil

1504 Z-27752-V

Doctrans-Transportes de Mercadorías

Rúa da Misericordia 12/20

ES-28 P6, 1200-2730 Lisboa

Exceso nos tempos máximos de condución ata un 20 % (exceso semanal sobre 90 horas).

13.1.2010; 12.25.00; AP53; 3,0

Art. 142.3 LOTT Art. 199.3 ROTT

Art. 143.1.c) LOTT Art. 201.1.c) ROTT

320 euros

Asistencia Gestrans, S.L.

(A/A: Juan Andrés Melo)

c/ Manuel Antón, 13, 2º D, 03004 Alicante

XC-01822-O-2009

90-51-ZU

Garda Civil

1504 Z27752V

Crespotir Ttes. Mercadorías Lda.

Estrada Nacional, 107, Perafita, 4055 Porto, 4455 Portugal

Exceso na condución ininterrompida ata o 20 % do tempo máximo autorizado sen observar as pausas regulamentarias.

8.10.2009; 18.00.00; AP-9; 79,5

Art. 142.3 LOTT Art. 199.3 ROTT

Art. 143.1.c) LOTT

Art. 201.1.c) ROTT

301 euros

Biostim, S.L.

(A/A: José Ramírez Pérez)

Príncipe de Asturias, 39, 41720 Los Palacios y Villafranca

Sevilla