Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 98 Venres, 23 de maio de 2014 Páx. 23295

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

CÉDULA do 26 de marzo de 2014, da Subdirección Xeral de Inspección do Transporte, pola que se notifican as resolucións ditadas nos expedientes sancionadores en materia de transportes terrestres devoltas polo servizo de Correos porque, intentada a notificación, non se puido efectuar (expediente DX-00007-I-2013 e oito máis).

De conformidade co disposto no artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícanselles ás persoas que a seguir se relacionan as resolucións que o subdirector xeral de Inspección do Transporte ditou nos expedientes sancionadores instruídos por infracción da normativa vixente dos transportes terrestres porque, intentada a notificación, non se puido efectuar.

Fáiselles saber que contra a dita resolución, que non é definitiva na vía administrativa, cabe recurso de alzada ante o director xeral de Mobilidade, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta cédula.

En caso de conformidade coa resolución sancionadora, o interesado deberá aboar a multa imposta a través dun ingreso en calquera oficina do BBVA, de Caixa Galicia, de Caixanova ou de Banesto, empregando o modelo impreso que se facilitará nos servizos centrais da Dirección Xeral de Mobilidade.

No caso de non presentar recurso de alzada e non pagar a sanción imposta, procederase ao seu cobramento pola vía de constrinximento, segundo o previsto no artigo 97 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Para que conste e lles sirva de notificación aos interesados, asino e selo esta cédula.

Santiago de Compostela, 26 de marzo de 2014

Mercedes López Caneda
Subdirectora xeral de Inspección do Transporte

ANEXO

Expediente

Matrícula

Denunciante

Persoa sancionada

DNI/CIF

Último enderezo coñecido

Infracción cometida

Data-hora-estrada-p.q.

Precepto cualificador

Precepto sancionador

Sanción imposta

DX-00007-I-2013

VA-3590-AF

Axente de inspección DX/014

Azulejos Vigo, S.L.

B36817054

Rúa Ricardo Mella, 54

36213 Vigo, Pontevedra

Atenuante-Realizar transporte público de mercadorías en vehículo lixeiro carecendo de título habilitante.

15.2.2013; 17.15.00; Saída do porto de Vigo

Art. 141.25 en relación co art. 140.1 LOTT

Art. 143.1.k) en relación letra f) LOTT

801

LU-00451-O-2013

1401-GST

Garda Civil 2700 T95526U

Agrigan Galega, S.L.

B27239318

Chantada, 54, 4º D

27400 Monforte de Lemos, Lugo

Transporte de mercadorías perigosas sen a carta de porte preceptiva para as mercadorías perigosas transportadas.

1.2.2013; 11.45.00; VG-2.1; 0,00

Art. 141.25 en relación co 140.15.8 LOTT

Art. 143.1.k) LOTT

801

LU-00503-O-2013

5386-FLM

Garda Civil 2704 I64330I

Operadora de Transportes Campalba

B02495257

Tarazona de La Mancha, 2

02006 Albacete

A carencia, falta de datos esenciais, ocultación ou falta de conservación da documentación de control.

18.2.2013; 19.06.00; N-634; 622,00

Art. 141.17 LOTT

Art. 143.1.d) LOTT

401

LU-00594-O-2013

7439-BCV

Garda Civil 2701 X17237T

José Luis Garrucho Pérez

43092964A

Churruca, 53

7609 Llucmajor, Balears (Illes)

A carencia, falta de datos esenciais, ocultación ou falta de conservación da documentación de control.

6.3.2013; 16.00.00; A-6; 522,500

Art. 141.17 LOTT

Art. 143.1.d) LOTT

401

OU-00511-O-2013

7898-BKL

Garda Civil 3203 T10323A

Grúas Cg, S.L.

B23527161

Cl. Hernán Cortés, 9

28691 Villanueva de La Cañada

Madrid

Carecer do ou dos correspondentes precintos regulamentarios.

18.3.2013; 9.30.00; OU-P-0000; C 1

Art. 141.25 LOTT en relación co art. 140.20 LOTT

Art. 143.1.e) LOTT en relación co art. 143.1.h) LOTT

601

PO-00982-S-2013

3117-DPP

Policía Municipal 221135

Cárnicas da Paradanta S.L.

B36277259

Magdalena-Sta. María Darbo, s/n

36940 Cangas, Pontevedra

Realización de transportes de produtos alimenticios ou mercadorías perecedoiras utilizando un vehículo que careza do certificado de conformidade para o transporte de mercadorías perecedoiras ou telo caducado ou falseado. A realización de transporte privado carecendo de autorización.

13.2.2013; 9.00.00; Av. Corbaceiras

Art. 141.21 LOTT

Art. 142.19 en relación co art. 141.14 LOTT

Art. 143.1.d) LOTT

Art. 143.1.f) LOTT

801

PO-01045-O-2013

O-6908-BU

Garda Civil 3601 Q92637T

Marta Nogueira Piñeiro

35486361Y

Rúa da Fonte, 5, Vilaxoán

36611 Vilagarcía de Arousa

Pontevedra

Realizar transporte público de viaxeiros de uso especial carecendo de autorización específica sen ter dereito a ela.

7.2.2013; 14.45.00; ep-9004; 0,500

Art. 140.1.4 en relación co art. 141.31 LOTT

Art. 143.1.i LOTT, art. 201.1.i ROTT

1.501

PO-02030-O-2013

9710-FRP

Garda Civil 3603 A23980M

Franciso José Pérez Giráldez

36097776N

Rúa dos Picos, 44

36215 Vigo, Pontevedra

Non levar a bordo dun vehículo arrendado o contrato de arrendamento ou copia deste ou levalo sen cubrir.

1.2.2013; 19.35.00; acceso VG 9

Art. 142.9 LOTT

Art. 143.1.b) LOTT

201

XC-01612-O-2013

3776-FJD

Garda Civil 1502 Q-97183-H

Transporte de Mercancías Cantabria

B39651443

Barrio de La Hoya, 4

39197 Argoños, Cantabria

A realización de transportes públicos utilizando para a condución do vehículo os servizos dunha persoa que requira o certificado de condutor de terceiro país (non da UE) carecendo deste.

25.2.2013; 18.10.00; AC-552; 77,00

Art. 142.19 en relación co art. 141.9 LOTT

Art. 143.1.k en relación coa letra e) LOTT

201