Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 98 Venres, 23 de maio de 2014 Páx. 23293

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

CÉDULA do 25 de marzo de 2014, da Subdirección Xeral de Inspección do Transporte, pola que se notifican os acordos de incoación de expedientes sancionadores en materia de transportes terrestres devoltos polo servizo de Correos porque, intentada a notificación, non se puido efectuar (expediente DX-00019-I-2014 e DX-00035-I-2014).

De conformidade co disposto no artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícanselles ás persoas que a seguir se relacionan os acordos de incoación por infracción da normativa vixente dos transportes terrestres porque, intentada a notificación, non se puido efectuar. Por este motivo iniciáronse, cos números que se indican, os correspondentes expedientes sancionadores que poden dar lugar á imposición das sancións que tamén se citan.

Fáiselles saber o dereito que os asiste de alegar por escrito ante a Subdirección Xeral de Inspección do Transporte o que consideren conveniente, achegando ou propoñendo as probas que coiden oportunas no prazo de quince días hábiles contado desde o día seguinte ao da publicación desta cédula.

No suposto de que decida voluntariamente pagar a sanción antes de que transcorran quince días contados desde o seguinte ao da publicación da presente cédula, a súa contía reducirase nun 25 % na forma prevista no artigo 146.3 da Lei 16/1987, do 30 de xullo, de ordenación dos transportes terrestres. A realización do dito pagamento implica a conformidade cos feitos denunciados, a renuncia a formular alegacións e a terminación do procedemento.

Para que conste e lles sirva de notificación aos interesados, asino e selo esta cédula.

Santiago de Compostela, 25 de marzo de 2014

Mercedes López Caneda
Subdirectora xeral de Inspección do Transporte

ANEXO

Expediente

Matrícula

Denunciante

Denunciado

DNI/CIF

Último enderezo coñecido

Infracción denunciada

Data-hora-estrada-p.q.

Precepto cualificador

Precepto sancionador

Sanción proposta

DX-00019-I-2014

C-7525-AZ

Axente de inspección DX/004

José Manuel Reboredo Ponte

32789717C

General Franco, 30

15175 Carral, A Coruña

O exceso igual ou superior ao 15 por cento e inferior ao 25 por cento sobre a MMA total en vehículos con MMA ata 12 toneladas. Exceso de peso igual ou superior ao 21 %.

5.2.2014; 11.19.03; N-550; 13,500

Art. 141.2 LOTT

Art. 143.1.f) LOTT

950

DX-00035-I-2014

8949-CKG

Axente de inspección DX/003

Construcciones La Rosaleda, S.L.

B15140668

Hórreo, 60

15702 Santiago de Compostela

A Coruña

O exceso igual ou superior ao 2,5 por cento e inferior ao 10 por cento sobre a MMA total en vehículos con MMA superior a 12 toneladas. Exceso de peso igual ou superior ao 5 %.

5.3.2014; 12.19.52; AP-9; 80

Art. 142.2 LOTT

Art. 143.1.c) LOTT

333