Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 98 Venres, 23 de maio de 2014 Páx. 23300

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

CÉDULA do 29 de abril de 2014, do Servizo de Mobilidade de Ourense, pola que se notifica a resolución ditada no expediente sancionador en materia de transportes terrestres (expediente OU-01432-O-2013).

De conformidade co disposto no artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á entidade que a seguir se relaciona a resolución que a Xefatura Territorial ditou no expediente sancionador instruído por infracción da normativa sobre transporte terrestre, porque, intentada a notificación, non se puido efectuar.

Infórmaselle que contra a dita resolución, que non é definitiva na vía administrativa, cabe recurso de alzada ante a Dirección Xeral de Mobilidade, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta cédula.

A sanción imposta foi aboada anticipadamente cunha redución do seu importe conforme o previsto no artigo 146.3 da Lei 16/1987, do 30 de xullo, de ordenación dos transportes terrestres.

Para que conste e lle sirva de notificación á interesada, asino e selo esta cédula.

Ourense, 29 de abril de 2014

Ángel Míguez López
Xefe do Servizo de Mobilidade de Ourense

ANEXO

Expediente

Matrícula

Denunciante

Persoa sancionada

DNI/CIF

Último enderezo coñecido

Infracción cometida

Data-Hora-Estrada-p.q.

Precepto cualificador

Precepto sancionador

Sanción imposta

OU-01432-O-2013

0463-GRG

Garda Civil 3201 M30803D

Urly Transnorte 2011, S.L.U.

B70306659

Parroquia de Bergondo R. 30, nave 2, Polígono de Bergondo, 15169 Bergondo (A Coruña)

O exceso igual ou superior ao 5 por cento e inferior ao 15 por cento sobre a MMA total en vehículos con MMA ata 12 toneladas. Exceso de peso igual ou superior ao 7 %.

9.9.2013; 21.16; N-525; 220

Art. 142.2 LOTT

Art. 143.1.c) LOTT

325 euros