Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 97 Xoves, 22 de maio de 2014 Páx. 23126

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (752/2013).

Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento 752/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de María Mercedes Boquete Codesido contra Fotocopias Maxin, S.L.U., Mutual Cyclops, Instituto Nacional da Seguridade Social (INSS), se ditou a seguinte resolución:

«Dilixencia de ordenación.

Secretaria xudicial: Susana Varela Amboage.

Santiago de Compostela, 28 de abril de 2014.

A anterior notificación, dirixida á codemandada Fotocopias Maxín, S.L., devolta con resultado negativo por descoñecido, únase. Consúltense as bases de datos informáticas co fin de descubrir novo domicilio desta.

O escrito presentado polo letrado Luis Manuel Rodero Díaz únase e téñase por comparecido en nome e representación da demandada Mutual Midat Cyclops. Confírase traslado do dito escrito ás demais partes co fin de que no prazo de tres días aleguen o que ao seu dereito conveña.

Visto o resultado da indagación domiciliaria notifíquese a presente dilixencia de ordenación á demandada Fotocopias Maxín, S.L. por medio de edictos publicando esta resolución no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios deste xulgado.

Únase ao procedemento a publicación da declaración en situación de concurso de acredores de Fotocopias Maxín, S.L. e notifíquese a presente resolución xunto coa copia da demanda e do decreto de espera á administradora concursal María Sierra Rodríguez co fin de que no prazo de 3 días alegue o que ao seu dereito conveña.

Notifíqueselles ás partes, facéndolles saber que, en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da LXS, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial as partes ou interesados e, de ser o caso, os profesionais designados sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións neles intentadas sen efecto serán válidas mentres non sexan facilitados outros datos alternativos, e será carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similares, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Modo de impugnación: mediante recurso de reposición que se interporá ante quen dita esta resolución, no prazo de tres días hábiles seguintes á súa notificación, con expresión da infracción que a xuízo do recorrente contén aquela, sen que a interposición do recurso teña efectos suspensivos con respecto á resolución contra a que se recorre.

A secretaria xudicial».

E para que sirva de notificación en legal forma a Fotocopias Maxín, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 30 de abril de 2014

O/a secretario/a xudicial