Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 97 Xoves, 22 de maio de 2014 Páx. 23125

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (214/2012).

Susana Varela Amboage, secretaria do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela (A Coruña), fai saber que na execución seguida neste xulgado co número 214/2012, por instancia de David Munín Sánchez, contra a executada María Rosario Méndez Carrillo e Ramón Suárez Carlín, sobre execución de títulos xudiciais, se ditou o día 29 de abril de 2014 decreto de insolvencia no sentido de declarar os executados en situación de insolvencia parcial, por importe de 13.814,97 euros de principal máis 1.381,78 euros que provisionalmente se orzan para xuros, gastos e custas, insolvencia que se entenderá para todos os efectos como provisional. E de conformidade co artigo 276.5 da Lei de procedemento laboral, expido o presente para a súa inserción no boletín ao seu cargo.

Santiago de Compostela, 29 de abril de 2014

A secretaria xudicial