Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 97 Xoves, 22 de maio de 2014 Páx. 23122

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (876/2013).

Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 876/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de María Blanca Vilela Ferro contra Tórculo Artes Gráficas, Randstad Empleo empresa de traballo temporal, S.A., Copy Belén, S.L. Copy Belén, Fotocopias Maxin, S.L.U., Fogasa, José Benigno Castro Ambroa, Campus Na Nube, S.L., Copy Belén, S.L. e José Benito Castro Ambroa UTE, sobre ordinario, se ditou Sentenza número 176 cuxos encabezamento e decisión son do teor literal:

«Sentenza:

Santiago de Compostela, 25 de abril de 2014

Vistos por min, Carolina Nores Díaz, maxistrada xuíza en comisión de servizo do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, os presentes autos número 876/2013, acumulados 896/2013, sobre extinción contractual e reclamación de cantidade e despedimento, seguidos por instancia de Mª Blanca Vilela Ferro, asistida da letrada Sra. Vila Amarelle, contra a entidade Fotocopias Maxin, S.L.U. (declarada en concurso, sendo nomeada administradora concursal María Sierra Domínguez), que debidamente citada non compareceu e contra as entidades Tórculo Artes Gráficas, S.A. e Campus Na Nube, S.L., asistidas polo letrado Sr. Lobato Iglesias, a entidade Randstad Empleo ETT, S.A., asistida polo letrado Sr. Fernández Victoria, contra José Benigno Castro Ambroa, Copy Belén e José Benigno Castro Ambroa, UTE e Copy Belén, S.L., asistidas polo letrado Sr. Quintas López, e contra o Fogasa, quen non compareceu ao xuízo oral; en virtude das facultades que me foron dadas pola Constitución española, dito a presente sentenza con base nos seguintes,

(…)

Decisión:

Que considerando as demandas interpostas por instancia de Mª Blanca Vilela Ferro, asistida da letrada Sra. Vila Amarelle, contra a entidade Fotocopias Maxin, S.L.U. (declarada en concurso, sendo nomeada administradora concursal María Sierra Domínguez), que debidamente citada non compareceu e contra as entidades Tórculo Artes Gráficas, S.A. e Campus Na Nube, S.L., asistidas polo letrado Sr. Lobato Iglesias, a entidade Randstad Empleo ETT, S.A., asistida polo Letrado Sr. Fernández Victoria, contra José Benigno Castro Ambroa, Copy Belén e José Benigno Castro Ambroa, UTE e Copy Belén, S.L., asistidas polo letrado Sr. Quintas López, e contra o Fogasa, quen non compareceu ao xuízo oral;

Debo declarar e declaro:

– A improcedencia do despedimento, condenando as entidades Tórculo Artes Gráficas e Campus Na Nube, de forma solidaria, a optar pola inmediata readmisión da traballadora (o que de ser o caso lle correspondería á actual adxudicataria) no seu posto de traballo, con aboamento dos salarios de tramitación deixados de percibir) a razón de 42,63 euros/día ou, de ser o caso, ao aboamento dunha indemnización calculada a razón de 45 días de salario por ano de servizo polo tempo de prestación de servizos anterior á dita data, e a razón de 33 días de salario por ano de servizo polo tempo de prestación de servizos posterior.

Debo condenar e condeno á entidade Fotocopias Maxin, S.L.U. a que lle aboe á demandante:

– A suma de 46.519,99 euros en concepto de indemnización (cantidade da cal deberá descontarse a cantidade percibida pola declaración de extinción da relación laboral no Xulgado Mercantil).

– A suma de 10.262,37 euros en concepto de salarios debidos máis os xuros previstos no artigo 29.3 do ET sobre a dita cantidade.

Debo condenar e condeno as demais demandadas a estar e pasar por esta declaración.

Non procede a condenar nesta instancia o Fogasa, sen prexuízo da súa responsabilidade nos termos do artigo 33 do ET.

Notifíqueselles ás partes a presente resolución facéndolles saber que fronte a esta poderán interpor recurso de suplicación para ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de cinco días contados desde o seguinte ao da súa notificación.

A anterior resolución entregaráselle ao secretario para a súa custodia e incorporación ao libro de sentenzas. Insírase nas actuacións por medio de testemuño.

Por esta a miña sentenza, xulgando definitivamente na primeira instancia, o pronuncio, mando e asino».

E para que sirva de notificación en legal forma a Fotocopias Maxim, S.L.U., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e publicación no taboleiro do xulgado.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 29 de abril de 2014

A secretaria xudicial