Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 97 Xoves, 22 de maio de 2014 Páx. 23120

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (915/2013).

Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 915/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de Beatriz Allo Recarey contra Tórculo Artes Gráficas, S.A., Fotocopias Maxin, S.L.U., Fogasa, María Sierra Rodríguez, Unidixital, S.L., Randstad Empleo ETT, S.A., Campus Na Nube, S.L., sobre despedimento, se ditou sentenza cuxos encabezamento e decisión son do teor literal:

Sentenza.

Santiago de Compostela, 25 de abril de 2014.

Vistos por min, Carolina Nores Díaz, maxistrada xuíza en comisión de servizo do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, os presentes autos número 915/2013, sobre despedimento, seguidos por instancia de Beatriz Allo Recarey, asistida do letrado Sr. Blanco Loberias, contra a entidade Fotocopias Maxin, S.L.U. (declarada en concurso, sendo nomeada administradora concursal María Sierra Domínguez), que debidamente citados non compareceron e contra as entidades Unidixital, S.L., que non compareceu neste acto malia estar debidamente citada, as entidades Tórculo Artes Gráficas, S.A., e Campus Na Nube, S.L., asistidas polo letrado Sr. Lobato Iglesias, e a entidade Randstad Empleo ETT, S.A., asistida polo letrado Sr. Fernández Victoria e contra Fogasa, que non compareceu malia estar debidamente citada, en virtude das facultades que me foron dadas pola Constitución española, dito a presente sentenza, con base nos seguintes,

Decisión que considerando a demanda interposta por instancia de Beatriz Allo Recarey, asistida do letrado Sr. Blanco Loberias, contra a entidade Fotocopias Maxin, S.L.U. (declarada en concurso, sendo nomeada administradora concursal María Sierra Domínguez), que debidamente citados non compareceron e contra as entidades Unidixital, S.L., que non compareceu neste acto malia estar debidamente citada, as entidades Tórculo Artes Gráficas, S.A. e Campus Na Nube, S.L., asistidas polo letrado Sr. Lobato Iglesias, e a entidade Randstad Empleo ETT, S.A., asistida polo letrado Sr. Fernández Victoria, e contra Fogasa, que non compareceu malia estar debidamente citada, a improcedencia do despedimento, e condeno as entidades Tórculo Artes Gráficas e Campus Na Nube, de forma solidaria, a optar pola inmediata readmisión da traballadora (o que no seu caso lle correspondería á actual adxudicataria) no seu posto de traballo con aboamento dos salarios de tramitación deixados de percibir) a razón de 39,40 euros/día ou, de ser o caso, ao aboamento de 5.161,40 euros en concepto dunha indemnización.

Debo condenar e condeno as demais demandadas a estar e pasar por esta declaración.

Notifíqueselles ás partes a presente resolución facéndolles saber que fronte a esta poderán interpor recurso de suplicación para ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de cinco días contados desde o seguinte ao da súa notificación.

A anterior resolución entregarase ao secretario para a súa custodia e incorporación ao libro de sentenzas. Insírase nas actuacións por medio de testemuño.

Por esta a miña sentenza, xulgando definitivamente na primeira instancia, o pronuncio, mando e asino.

E para que sirva de notificación en legal forma a Fotocopias Maxim, S.L.U., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e a súa publicación no taboleiro do xulgado.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 29 de abril de 2014

A secretaria xudicial