Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 97 Xoves, 22 de maio de 2014 Páx. 23118

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (914/2013).

Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 914/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de Patricia Iglesias Bermúdez contra Tórculo Artes Gráficas, S.A., Randstad Empleo ETT, Fotocopias Maxin, S.L.U., Unidixital, S.L., Campus Na Nube, S.L. e Fondo de Garantía Salarial, sobre despedimento, se ditou sentenza número 177 cuxos encabezamento e decisión son do teor literal:

Sentenza.

Santiago de Compostela, 25 de abril de 2014.

Vistos por min, Carolina Nores Díaz, maxistrada xuíza en comisión de servizo do Xulgado do Social número tres de Santiago de Compostela, os presentes autos número 914/2013, sobre despedimento, seguidos por instancia de Patricia Iglesias Bermúdez, asistida do letrado Sr. Blanco Loberias, contra a entidade Fotocopias Maxin, S.L.U. (declarada en concurso, sendo nomeada administradora concursal María Sierra Domínguez), que debidamente citados non compareceron e contra as entidades Unidixital, S.L., que non compareceu neste acto malia estar debidamente citada, as entidades Tórculo Artes Gráficas, S.A. e Campus Na Nube, S.L., asistidas polo letrado Sr. Lobato Iglesias e a entidade Randstad Empleo ETT, S.A., asistida polo letrado Sr. Fernández Victoria, e contra Fogasa, que non compareceu malia estar debidamente citada; en virtude das facultades que me foron dadas pola Constitución española, dito a presente sentenza, con base nos seguintes,

Decido que estimando a demanda interposta por instancia de Patricia Iglesias Bermúdez, asistida do letrado Sr. Blanco Loberias, contra a entidade Fotocopias Maxin, S.L.U. (declarada en concurso, sendo nomeada administradora concursal María Sierra Domínguez), que debidamente citados non compareceron e contra as entidades Unidixital, S.L., que non compareceu neste acto malia estar debidamente citada, as entidades Tórculo Artes Gráficas, S.A. e Campus Na Nube, S.L., asistidas polo letrado Sr. Lobato Iglesias, e a entidade Randstad Empleo ETT, S.A., asistida polo letrado Sr. Fernández Victoria, e contra fogasa, que non compareceu malia estar debidamente citada, debo declarar e declaro a nulidade do despedimento e, en consecuencia, a condena da entidade Campus Na Nube, S.L. a readmitir a traballadora, nas mesmas condicións que rexían antes do despedimento, con aboamento dos salarios deixados de percibir desde a data do despedimento á data da presente notificación a razón de 40,20 €/día.

Debo condenar e condeno as demais demandadas a estar e pasar por esta declaración.

Notifíqueselles ás partes a presente resolución facéndolles saber que fronte a esta poderán interpor recurso de suplicación para ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de cinco días contados desde o seguinte ao da súa notificación.

A anterior resolución entregarase ao secretario para a súa custodia e incorporación ao libro de sentenzas. Insírase nas actuacións por medio de testemuño.

Por esta a miña sentenza, xulgando definitivamente na primeira instancia, o pronuncio, mando e asino.

E para que sirva de notificación en legal forma a Fotocopias Maxin, S.L.U., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e a súa publicación no taboleiro do xulgado.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 29 de abril de 2014

A secretaria xudicial