Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 97 Xoves, 22 de maio de 2014 Páx. 23128

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 15 de maio de 2014 pola que se anuncia o procedemento aberto para a contratación documentalmente simplificada do servizo consistente nos traballos de control financeiro permanente de varias entidades públicas da Comunidade Autónoma galega.

1. Poder adxudicador.

a) Organismo: Consellería de Facenda da Xunta de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica e do Patrimonio.

c) Número de expediente: FA11/2014.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo de contrato: servizo.

b) Descrición do obxecto: o servizo consistente nos traballos de control financeiro permanente de varias entidades públicas da Comunidade Autónoma galega.

c) CPV: 79212000-3.

d) Prazo de execución: o prazo máximo de execución do contrato é de 120 días.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria e documentalmente simplificada.

b) Procedemento: aberto.

c) Criterios de adxudicación:

– Oferta económica: ata 80 puntos.

– Prazo de execución: ata 20 puntos.

4. Orzamento base de licitación.

a) Prezo: cento vinte e nove mil cincocentos euros (129.500,00 €), IVE excluído.

b) IVE: vinte e sete mil cento noventa e cinco euros (27.195,00 €).

5. Garantías.

a) Provisional: non se exixe.

b) Definitiva: 5 % do importe de adxudicación, IVE excluído.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Secretaría Xeral Técnica e do Patrimonio. Servizo de Xestión Económica da Consellería de Facenda.

b) Enderezo: Edificio Administrativo San Caetano, nº 3.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

d) Teléfono: 981 54 57 14/981 54 41 40.

e) Telefax: 881 99 91 91.

f) Perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=20456

g) Data límite de obtención de documentos: será a mesma que para a presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista.

Acreditaranse por calquera das seguintes formas:

a) Solvencia económica, financeira, técnica e profesional: segundo o establecido na cláusula 15 do prego de cláusulas administrativas particulares e nas epígrafes F e G da folla de especificacións.

b) Concreción das condicións de solvencia. Adscrición de medios: segundo o establecido na epígrafe H da folla de especificacións.

8. Presentación das ofertas.

a) Data límite de presentación: ata ás 19.00 horas (se é sábado, ata as 14.00 horas) do décimo quinto (15) día natural, contado desde a publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. Se o último día do prazo coincide en domingo ou festivo, entenderase prorrogado ata o primeiro día hábil seguinte.

b) Documentación que cómpre presentar: a indicada na cláusula 10 do prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: en sobre pechado, na oficina do Rexistro Único e Información no Complexo Administrativo San Caetano, 15781 Santiago de Compostela. Se as proposicións se cursan por correo, haberá que aterse ao previsto na cláusula 10.1 do prego de cláusulas administrativas particulares.

d) Admisión de variantes: non se admitirá a presentación de variantes ou alternativas.

9. Apertura das ofertas: acto público.

a) Entidade e lugar: sala de xuntas da Consellería de Facenda.

b) Enderezo: Edificio Administrativo San Caetano, nº 3, 15781 Santiago de Compostela.

c) Data e hora: unha vez rematado o prazo de presentación de proposicións, farase pública no perfil do contratante a convocatoria da mesa pública para a apertura do sobre B.

10. Gastos de anuncios.

Serán por conta do adxudicatario.

11. Perfil do contratante.

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=20456

Poderase consultar tamén na seguinte páxina web:

http://www.conselleriadefacenda.es/web/portal/perfil-do-contratante

Santiago de Compostela, 15 de maio de 2014

P.D. (Orde do 9.1.2012)
Mª Socorro Martín Hierro
Secretaria xeral técnica e do Patrimonio