Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 95 Martes, 20 de maio de 2014 Páx. 22691

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (1542/2010).

María Teresa Vázquez Abades, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de seguridade social 1542/2010 deste xulgado do social, seguido por instancia de Miguel Rivadeneira Rodríguez contra Raosil Electricidad, S.L., Matepssl N 61 Fremap, sobre seguridade social, se ditou a seguinte resolución:

«Que estimando parcialmente a demanda interposta por Miguel Rivadeneira Rodríguez contra Fremap Mutua de Accidentes de Trabajo y Enfermedades Profesionales de la Seguridad Social número 61 e contra Rayosil Electricidad, S.L., debo declarar e declaro o dereito do demandante á percepción das prestacións de IT correspondentes ao período de IT de 13.6.2009 ata 6.10.2009 conforme unha base reguladora diaria de 44,15 euros, e condeno as demandadas a estar e pasar pola dita declaración; e debo condenar e condeno as demandadas a aboar en concepto de tales prestacións a suma de 873,43 euros. A empresa demandada deberá responder de forma directa da suma de 276,5 euros en concepto de diferenzas por razón da infracotización, sen prexuízo da obriga de anticipo da dita cantidade pola mutua codemandada e das das accións de reembolso que lle correspondan contra a empresa demandada por razón da infracotización, e deberá responder de forma directa a mutua demandada da suma de 596,93 euros que resultan por falta de pagamento da prestación resultante conforme a base de cotización utilizada pola empresa e non aboados por esta en cumprimento da obriga de pagamento delegado da prestación de IT, sen prexuízo das accións que poidan corresponder á mutua contra a empresa polas deducións realizadas.

Notifíqueselles ás partes a presente resolución facéndolles saber que fronte a esta cabe recurso de suplicación para ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de cinco días contados desde o seguinte ao da súa notificación (artigo 191.3.c) da LRXS).

A anterior resolución entregarase ao secretario para a súa custodia e incorporación ao libro de sentenzas. Insírase nas actuacións por medio de testemuño.

Por esta a miña sentenza, xulgando definitivamente na primeira instancia, o pronuncio, mando e asino».

E para que sirva de notificación en legal forma a Rayosil Electricidad, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 28 de abril de 2014

A secretaria xudicial