Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 95 Martes, 20 de maio de 2014 Páx. 22693

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (316/2013).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 316/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de Fundación Laboral de la Construcción contra Santos Sampedro Melchor, sobre ordinario, se ditou o Decreto 297/2014, do 9 de abril, declarado firme no día de hoxe, polo que se declarou a insolvencia total, que se entenderá para todos os efectos como provisional, do executado Santos Sampedro Melchor (DNI 33257227-D) pola suma de 121,33 euros en concepto de principal máis outros 12,13 euros que se fixan provisionalmente en concepto de xuros que, de ser o caso, se poidan devindicar durante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación, máis 600 euros en concepto de honorarios de letrado. O que se fai público para os efectos previdos no artigo 276.5 da Lei reguladora da xurisdición social.

Santiago de Compostela, 28 de abril de 2014

A secretaria xudicial