Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 95 Martes, 20 de maio de 2014 Páx. 22694

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO de notificación de auto e de decreto (ETX 267/2013).

Execución de títulos xudiciais: 267/2013.

Procedemento orixe: procedemento ordinario 63/2012.

Sobre ordinario.

Executante: Salomé Lamas Táboas.

Avogada: María Sierra Rodríguez.

Procuradora: Susana Sánchez Barreiro.

Executada: Elementos Mobiliarios del Norte, S.L.

Eu, Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento execución de títulos xudiciais número 267/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de Salomé Lamas Táboas, contra a empresa Elementos Mobiliarios del Norte, S.L., sobre reclamación de cantidade, foron ditados auto e decreto na data 5 de decembro de 2013, cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

Parte dispositiva do auto:

«Parte dispositiva.

Dispoño:

Despachar orde xeral de execución a favor da parte executante, Salomé Lamas Táboas, contra Elementos Mobiliarios del Norte, S.L., parte executada, polo importe de 11.379,80 euros en concepto de principal, máis 200 euros en concepto de honorarios de letrado da parte demandante, máis 1.137,98 euros que se fixan provisoriamente en concepto de xuros que, se é o caso, poidan percibirse durante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación.

O presente auto, xunto co decreto que ditará o/a secretario/a xudicial, e copia da demanda executiva, serán notificados simultaneamente á parte executada, tal e como dispón o artigo 553 da LAC, co cal a executada quedará apercibida para os efectos mencionados nos razoamentos xurídicos terceiro e cuarto desta resolución, e conforme dispoñen os artigos 251.2 e 239.3 da LXS.

Contra este auto poderase interpor recurso de reposición, ante este órgano xudicial, no prazo dos tres días hábiles seguintes á súa notificación, no cal, ademais de alegar as posibles infraccións en que puido incorrer a resolución e o cumprimento ou incumprimento dos presupostos e requisitos procesuais exixidos, poderase deducir a oposición á execución despachada, aducindo pagamento ou cumprimento documentalmente xustificado, prescrición da acción executiva ou outros feitos impeditivos, extintivos ou excluíntes da responsabilidade que se pretenda executar, sempre que tiveren acontecido con posterioridade á constitución do título, sen que a compensación de débedas sexa admisible como causa de oposición á execución.

Se o recorrente non tiver a condición de traballador ou beneficiario do réxime público de seguridade social deberá consignar a cantidade de 25 euros, en concepto de depósito para recorrer, na conta de consignacións deste Xulgado do Social número 3 aberta no Banco Español de Crédito, conta nº 00301846420005001274, indicando no campo do concepto “Recurso” seguido do código “30 Social-Reposición”. Se o ingreso se fixer mediante transferencia bancaria, deberá incluír despois da conta referida, separados por un espazo, o “código 30 Social-Reposición”. Se efectuar diversos pagamentos na mesma conta, deberá especificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase, indicando no campo de observacións a data da resolución impugnada co formato dd/mm/aaaa. Quedan exentos do seu aboamento, en todo caso, o Ministerio Fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes deles.

Así o acorda e asina SSª. Dou fe.

O/a maxistrado/a xuíz. O/a secretario/a xudicial».

Parte dispositiva do decreto:

«Parte dispositiva.

Co fin de dar efectividade ás medidas concretas solicitadas, acordo:

– Requirir de pagamento a Elementos Mobiliarios del Norte, S.L. pola cantidade reclamada en concepto de principal e xuros percibidos, se for o caso, ata a data da demanda, e, se non pagase no acto, procédase ao embargo dos seus bens na medida suficiente para responder pola cantidade por que se despachou a execución máis as custas desta.

– Requirir a Elementos Mobiliarios del Norte, S.L. para que no prazo de dez días manifeste relación de bens e dereitos suficientes para cubrir a contía da execución, con expresión, se for o caso, das cargas e gravames, así como, no caso de inmobles, se están ocupados, por que persoas e con que título, baixo apercibimento de que, en caso de non o verificar, poderá ser sancionado, ao menos, por desobediencia grave, en caso de que non presente a relación dos seus bens, inclúa nela bens que non sexan seus, exclúa bens propios susceptibles de embargo ou non desvele as cargas e gravames que sobre eles pesaren, e poderán impórselle tamén multas coercitivas periódicas.

Notifíquese ás partes e fágaselles saber que, en aplicación do mandado contido no artigo 53.2 da LXS, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial, as partes ou interesados e, se for o caso, os profesionais designados, sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións neles intentadas sen efecto serán válidas en canto non sexan facilitados outros datos alternativos, sendo carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou semellante, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Modo de impugnación: contra a presente resolución cabe recurso directo de revisión que se deberá interpor ante o presente órgano xudicial no prazo dos tres días hábiles seguintes á súa notificación, con expresión da infracción cometida nela a xuízo do recorrente, artigo 186 LPL. O recorrente que non teña a condición de traballador ou beneficiario de réxime público de seguridade social deberá facer un depósito para recorrer de 25 euros, na conta nº 5076 aberta en Banco Español de Crédito, indicando no campo de concepto “recurso” seguido do código “31 Social-Revisión”. Se o ingreso se fixer mediante transferencia bancaria, deberá incluír despois da conta referida, separados por un espazo, a indicación “recurso” seguida do “código 31 Social-Revisión”. Se efectuar diversos pagamentos na mesma conta, deberá especificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase, indicando no campo de observacións a data da resolución impugnada co formato dd/mm/aaaa. Quedan exentos do seu aboamento, en todo caso, o Ministerio Fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes deles.

O/a secretario/a xudicial».

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial.

E para que sirva de notificación a Elementos Mobiliarios del Norte, S.L., expido este edicto.

Santiago de Compostela, 25 de abril de 2014

O/a secretario/a xudicial