Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 95 Martes, 20 de maio de 2014 Páx. 22687

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Ribeira

EDICTO (304/2013).

En virtude do acordado nos autos de referencia, de conformidade co disposto nos artigos 156.4 e 164 da Lei 1/2000, de axuizamento civil, por medio do presente notifícaselle a Lorena Barreiro Somoza a seguinte sentenza:

Sentenza: 158/2013.

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Ribeira.

Xuízo de faltas 304/2013.

Sentenza.

Ribeira, 8 de xullo de 2013.

Vistos por min, Mª de las Nieves Corral Montes, xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Ribeira e o seu partido xudicial, os autos do xuízo de faltas número 304/2013 por unha falta de lesións do artigo 617.1 do Código penal, coa asistencia do Ministerio Fiscal na persoa de Cristina Margalet, en que foron partes denunciantes Santiago Hermo Romero e Shaila González Simón, os cales compareceron asistidos pola letrada Sonia Redondo, e partes denunciadas Soraya Maceiras Cacabelos, Diana Maceiras Cacabelos, Rubén Maceiras Cacabelos e Braian Castro Faro, que non compareceron malia estaren citados en legal forma.

Decido que debo condenar e condeno a Diana Maceiras Cacabelos como autora de dúas faltas por lesións a Shaila e a Santiago á pena de multa por cada unha delas de 45 días, cunha cota diaria de 5 €, sendo a contía total de cada multa de 225 €. En caso de non pagamento da pena de multa impoñeráselle a responsabilidade persoal subsidiaria de 45 días de privación de liberdade que poden cumprirse en réxime de localización permanente e o pagamento dunha indemnización de maneira solidaria con Soraya de 510 € polas lesións causadas a Shaila e a indemnización de 450 € para pagar de maneira solidaria con Soraya, Rubén e Braian polas lesións a Santiago, cantidades que devindicarán os xuros do artigo 576 da LAC. Así mesmo, condénaselle ao pagamento das custas procesuais.

Que debo condenar e condeno a Soraya Maceiras Cacabelos como autora de dúas faltas por lesións a Shaila e a Santiago á pena de multa por cada unha delas de 45 días, cunha cota diaria de 5 €, sendo a contía total de cada multa de 225 €. En caso de non pagamento da pena de multa impoñeráselle a responsabilidade persoal subsidiaria de 45 días de privación de liberdade que poden cumprirse en réxime de localización permanente e o pagamento dunha indemnización de maneira solidaria con Soraya de 510 € polas lesións causadas a Shaila e a indemnización de 450 € a pagar de xeito solidario con Soraya, Rubén e Braian polas lesións a Santiago, cantidades que devindicarán os xuros do artigo 576 da LEC. Así mesmo, condénaselle ao pagamento das custas procesuais.

Que debo condenar e condeno a Rubén Maceiras Cacabelos como autor dunha falta por lesións a Santiago á pena de multa de 45 días cunha cota diaria de 5 €, sendo a contía total da multa de 225 €. En caso de non pagamento da pena de multa impoñeráselle a responsabilidade persoal subsidiaria de 22 días de privación de liberdade que poden cumprirse en réxime de localización permanente e o pagamento dunha indemnización de 450 € para pagar de maneira solidaria con Soraya, Diana e Braian polas lesións a Santiago, cantidade que devindicarán os xuros do artigo 576 da LEC. Así mesmo, condénaselle ao pagamento das custas procesuais.

Que debo condenar e condeno a Braian Castro Faro como autor dunha falta polas lesións a Santiago á pena de multa de 45 días cunha cota diaria de 5 €, sendo a contía total da multa de 225 €. En caso de non pagamento da pena de multa impoñeráselle a responsabilidade persoal subsidiaria de 22 días de privación de liberdade que poden cumprirse en réxime de localización permanente e ao pagamento dunha indemnización de 450 € para pagar de maneira solidario con Soraya, Diana e Rubén polas lesións a Santiago, cantidade que devindicarán os xuros do artigo 576 da LEC. Así mesmo, condénaselle ao pagamento das custas procesuais.

A presente resolución non é firme e contra esta cabe recurso de apelación no prazo de cinco días seguintes á súa notificación, para cuxo efecto deberá presentarse no devandito prazo escrito, expoñendo as razóns en que se funde o recurso e que deberá tramitarse conforme o previsto nos artigos 790 a 792 da LeCrim.

Así, por esta a miña sentenza, da cal levará certificación ás actuacións orixinais, o pronuncio, mando e asino.

Para a publicación da anterior sentenza no DOG expídese o presente, do cal dou fe.

Ribeira, 1 de abril de 2014

O/a secretario/a xudicial