Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 95 Martes, 20 de maio de 2014 Páx. 22686

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 de Carballo

EDICTO (58/2014).

Declaración de herdeiros 58/2014.

Sobre: xurisdición voluntaria xeral.

Demandante: letrado Xunta de Galicia.

Demandado: Ministerio Fiscal.

Laura Chouciño Carril, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 de Carballo, fago saber que no expediente de declaración de herdeiros ab intestato seguido neste órgano xudicial co número declaración de herdeiros 58/2014 polo falecemento sen testar de Jesús Rodríguez Silveira, con DNI 32198974-D, acontecido no día 24 de marzo de 2013, promovido polo letrado da Xunta de Galicia, se acordou por resolución desta data chamar os posibles parentes de Manuel Rodríguez Silveira, cónxuxe ou consanguíneos ata o cuarto grao civil (ata sobriños netos), que se crean con dereito á herdanza, para que comparezan no xulgado a reclamala dentro do prazo de 30 días a partir da publicación deste edicto. Apercíbeselles que de non o verificar lles parará o prexuízo que proceda en dereito.

Carballo, 5 de marzo de 2014

A secretaria xudicial