Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 94 Luns, 19 de maio de 2014 Páx. 22449

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Santiago de Compostela

EDICTO (318/2013).

No procedemento de referencia ditouse a resolución do teor literal seguinte:

«Sentenza.

Santiago de Compostela, 23 de decembro de 2013.

Eu, Jorge Cid Carballo, maxistrado xuíz do Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Santiago de Compostela, vistos estes autos de xuízo ordinario, seguidos co número 318/2013, por instancia de Los Ángeles Gas, S.L., representada pola procuradora Rita Goimil Martínez e asistida do letrado Adrián García García, contra Excavacións Migasa, S.L., declarada en rebeldía, sobre reclamación de cantidade.

Resolvo:

Estimando integramente a demanda interposta pola procuradora María Rita Goimil Martínez, en nome e representación da sociedade Los Ángeles Gas, S.L., contra a entidade Excavacións Migasa, S.L., debo condenar e condeno a demandada a lle aboar á demandante a cantidade de trece mil cincocentos un euros con noventa e nove céntimos (13.501,99 €), máis os xuros legais. Todo isto con expresa imposición de custas á parte demandada.

Notifíqueselles esta resolución ás partes, con apercibimento de que non é firme e que contra ela se pode interpor recurso de apelación neste mesmo xulgado, no prazo de vinte días contados a partir do seguinte ao da súa notificación, para a súa resolución pola Audiencia Provincial, na forma prevista no artigo 458 e seguintes da Lei de axuizamento civil.

Advírtaselles a ambas as partes que se desexan formular recurso de apelación deberán acreditar, co escrito de preparación do recurso, a constitución de depósito na conta de depósitos e consignacións do xulgado, de acordo co establecido na disposición adicional décimo quinta da Lei orgánica do poder xudicial (LOPX) e polo importe previsto en tal norma, e que a non constitución do depósito comportará a inadmisión a trámite do recurso.

Expídase e únase certificación desta resolución ás actuacións, con inclusión do orixinal no libro de sentenzas.

Así, por esta a miña sentenza, definitivamente xulgando nesta instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E como consecuencia do ignorado paradoiro de Excavacións Migasa, S.L., expídese este edicto para que sirva de cédula de notificación.

Santiago de Compostela, 7 de xaneiro de 2014

O/A secretario/a xudicial